Documentación
Formación Técnica
Curso de Perfeccionamento en Espeleoloxía
O Curso de perfeccionamiento I, é un curso técnico dirixido a todos aqueles espeleólogos que completaron un Curso de Iniciación e nun período posterior de prácticas desexen perfeccionar e ampliar os coñecementos adquiridos á vez que consiguen certa autonomía nas súas visitas ou exploracións.
Para acadar estes obxectivos o curso profundiza nos temas de equipamento individual etécnicas de progresión tratadas nos Cursos de Iniciación e introduce o estudio detallado do material colectivo así como as técnicas básicas de instalación. Como o curso pretende dotar de autonomía ó alumno faise imprescindible o estudio e aprendizaxe das maniobras básicas de autosocorro e de determinados sistemas auxiliares e de fortuna, así mesmo realízase unha primeira aproximación o entrenamento e a alimentación.
As clases prácticas teñen como obxecto fundamental a aprendizaxe real e o consolidamento dos coñecementos adquiridos a través das áreas teóricas, das áreas de Materiais eTécnicas, Prevención de Accidentes y Autosocorro. Con elas preténdese que o alumno sexa quen de progresar de forma independente e segura por calquera cavidade además de ser capaz de equipar cavidades que xa poseen unha infraestructura para a instalación.
La superación con éxito do Curso permite, después dun periodo establecido de prácticas, acceder ó Perfeccionamento II.
Requisitos de Inscripción
· Estar en posesión da licencia federativa do ano en curso. No caso de non estar federado, o Espeleo Club Aradelas proporcionará os medios para obter a licencia.
· Curso de Iniciación.
· Certificado médico.
· Autorización paterna para os menores de idade.
Curso de Perfeccionamento II de Espeleoloxía
O Curso de Perfeccionamiento II está dirixido a todos aqueles espeleólogos que superaron o curso de Perfeccionamento I e realizaron un periodo supeiror de prácticas para completar a súa formación de maneira que
adquiran verdadeira independencia técnica e operativa nas súas exploracións. Para acadar este obxectivo fundamental, o curso profundiza no estudio das técnicas y materiais de instalación iniciados no Perfeccionamiento I á vez que incorpora aspectos totalmente novos. No apartado de progresión contémplanse tódolos sistemas de descenso e ascenso por corda e a escalada soterrasda. Outro punto importante é o estudio do material específico para cavidades activas e o material de vivac. O apartado de prevención de accidentes incide especialmente nos condicionantes humáns que aumentan o factor de risco, polo tocante ó autosocorro incluese a superación de todo tipo de dificultades e o ascenso dun herido. Xunto a estes bloques puramente técnicos trataranse temas de entrenamento y alimentación así como de preparación e organización de actividades espeleolóxicas.
Requisitos de Inscripción
·Estar en posesión da licencia federativa do ano en curso. En caso de non estares federado, o Espeleo Club Aradelas proporcionará os medios para obter a licencia.
· Curso de Perfeccionamiento I
· Certificado médico.
· Autorización paterna para os menores de idade.
© Espeleo Club Aradelas
espeleoclubaradelas@yahoo.es
Pizarro, 4 bajo. Local 17 - 36204 Vigo Tlf.: 986 12 68 10