Es socio do Espeleo Club Aradelas
Se non es socio do ECA xa estás tardando, atoparás un novo mundo baixo terra.
Agora é o momento de darse de alta, temos moitas actividades para este ano, incluíndo o "III Campionato Espeleo Club Aradelas de Progresión Vertical", tamén estaremos no campionato de España cos socios infantís que xa acadaron varias medallas en edicións pasadas (+info).
Non podemos esquecer as saídas a covas que temos preparadas para este ano onde haberá actividade para tódolos gustos e idades, dende os rapaces máis novos ata os vetustos que temos como socios destacados na exploración do mundo soterrado.
¡Faite socio! e terás acceso ás publicacións electrónicas do clube: espeleoxoves e gacecas.
© Espeleo Club Aradelas
espeleoclubaradelas@yahoo.es
Pizarro, 4 bajo. Local 17 - 36204 Vigo Tlf.: 986 12 68 10
Esta páxina web en galego recibiu unha axuda outorgada pola
Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia