Ceneca Espeleo Club Aradelas
O dia 9 de Xaneiro farase a cena anual no Hotel Coia.
O vindeiro sábado, 9 de xaneiro as nove da noite, o Espeleo Club Aradelas celebra a fin do ano 2009 no Hotel Coia, facendo unha cea para tódolos socios.
Se es Socio no ó podes perder. Con cantos trivais
Salmoneca o rematala cea.
publicado 13/1/10
I TORNEO ESTATAL DE PROGRESIÓN VERTICAL, BILBAO 2009
A finais de mes o Espeleo Taldea Haitzulo celebra o primeiro torneo en Bilbao, as datas son o 27 e 28 de xuño de 2009.
Animade os vosos compañeiros pra asistir a unha nova proba do Calendario de competición.
publicado 16/6/09
Artigo Faro de Vigo
O pasado día 11 apareceu na prensa un artigo adicado o traballo que estamos facendo nas Illas Atlánticas que tamén fala dos morcegos que habitan nas illas.
Pódelo descargar aqui
artigo.pdf
publicado 12/5/09
III TORNEO ESTATAL DE PROGRESIÓN VERTICAL, EIVISSA 2009
Datas: 16 e 17 de maio de 2009
Organiza: GRUPO ESPELEOLÓGICO DE LAS PITIUSAS
Lugar:EIVISSA
descargar informacion
eivissa2009.pdf
publicado 12/5/09
Antroido espeleolóxico
O vindeiro 7 e 8 de febreiro temos unha saída social que por estas datas toca ir disfrazado.
Será en Cobas e o tema dos disfraces é o Troglodita.
Chuchade o cerebelo. Vémonos en Covas.
publicado 27/1/09
CENECA 2008
O vindeiro sábado, 10 de xaneiro as nove da noite, o Espeleo Club Aradelas celebra a fin do ano 2008 no Hotel Coia,
facendo unha cea para tódolos socios.
Se es Socio no ó podes perder. Con cantos trivais
Salmoneca o rematala cea.
publicado 3/1/09
IV CAMPEONATO DE ESPAÑA DE TECNICAS DE PROGRESIÓN VERTICAL - TARRAGONA 1 Y 2 DE NOVIEMBRE DE 2008
Podedes descargar a informacion en
arquivo PDF
publicado 20/10/08
II TORNEO ESTATAL DE PROGRESION VERTICAL Ibiza 2008
O segundo campionato que organiza o GEP EIVISSA xa está ahí. Será os días 4 e 5 de Outubro.
Podedes descargar a informacion en
arquivo PDF
publicado 16/9/08
CAMPAMENTO INFANTIL ECA
Os días 27 e 28 de setembro faremos a saída infantil no refuxio de Covas.
Pásate polo Local Social o mércores e apúntate.
publicado 16/9/08
MALAGA 2008.PRIMER TORNEO ESTATAL DE PROGRESIÓN VERTICAL
O Torneo Nacional, Puntuable para o Ranking do Campionato de España, celebrarase os días 13 e 14 de Setembro nó Espeleódromo de la Sociedad Excursionista de Málaga - Avda. República Argentina nº 9 - 29016 - Málaga.
Organiza a Federación Andaluza de Espeleología.
Máis informacion
www.fedespeleo.com
Bases do Torneo
publicado 3/9/08
Convocatoria Concentración de Competición
Debido a la inclusión de la Federación Española de Espeleología dentro del Plan Nacional de Tecnificación Deportiva (PNTD) se ha programado una concentración de deportistas que participan en competición.
Descargate la convocatoria
Más info en:
www.fedespeleo. com
secretariogeneral@ fedespeleo. com
publicado 8/8/08
Campamento Galego de Barrancos 2008
O Espeleo Club Rei Cintolo organiza os días 18 e 19 de xullo o descenso de Barrancos, que terá lugar en Mondoñedo, donde podemos contar con 9 barrancos a escoller. Apúntate
O prazo de inscripción é ata o 15 de xullo.
publicado 10/7/08
Campionato ECA 2008
A cuarta edición do Campionato Espeleo Club Aradelas de Progresión Vertical realizouse os días 7 e 8 de xullo en Vigo, no Pabillón do Colexio de Sárdoma, no mesmo lugar que o derradeiro ano.
Os resultados da competición son os seguintes:
Velocidade
Resistencia
Circuito
publicado 12/7/08
Campamento Galego 2008
Os días 19 e 20 de Abril, a FGE organiza o XXX Campamento Galego de Espeleoloxía.
A recepción de participantes (sábado de 9:00 a 11:00 h.) e a pernocta será no Polideportivo de Pedrafita. A cea de confraternización será o sábado, ás 22:00 h. no Restaurante Pazos.
O prazo de inscripción é ata o 15 de abril.
publicado 10/4/08
Campamento de Semana Santa
O centro de operacións para esta saída espeleolóxica será Cervera de Pisuerga, no parque de Fuentes Carrionas y Fuente Cobre dá montaña Palentina, lugar onde nun radio dunha hora en coche podemos contar con posibilidades moi interesantes para a actividade espeleolóxica. Tamén visitaremos o norte da provincia de Burgos, un pouco máis lonxe pero que nada envexa as covas da provincia veciña.
publicado 15/3/08
Espeleo Nadal 2008
Xornadas de Tecnificación e Promoción do Deporte Base:
Técnicas de desbloqueo
27 de decembro para os máis novos. Local Social. 16 horas
28 de decembro para os maiores. Local Social. 16 horas
29 de decembro para tódolos participantes no Pavibbón municipal de Sárdoma. 10 horas
Pasade o mércores polo ECA para apuntarvos.
publicado 22/12/07
Asemblea Xeral Ordinaria 2007
O domingo día 16 de decembro celebraremos a Asamblea do Espeleo Club Aradelas no Local Social.
Ás 10:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:35 en segunda.
Agardamos a asistencia de tódolos socios, grandes e pequenos.
publicado 4/12/07
Campamento Infantil de Outono
O vindeiro fin de semana faremos o segundo campamento para rapaces, os maiores tamén poden participar, pero está orientado á sección infantil do clube.
Dependendo dos socios que se apunten o programa de covas cambiará segundo a experiencia dos deportistas e o número de participantes.
Nos esquezades confirmar a asistencia o campamento.
publicado 2/10/07
Campamento Infantil de Verán
Troco de datas para o campamento en Santalla de Lóuzara, os días escollidos son o
22 e 23 de setembro.
É unha das zonas kársticas que temos máis preto de Vigo (2 horas en coche) con covas pequenas pero feitizadoras, a Cova do Carballo, Cocidos ou Quintá farán deste campamento un pracentero viaxe as fragas de Louzara.
A durmida farémola na ribeira do río, nun prado que un veciño do pobo nos deixa para montar as tendas de campaña. Todos aqueles que queiran asistir deberán confirmar a súa asistencia o mércores no local social.
publicado 26/8/07
Campamento Espeleo Club Aradelas de descenso de Barrancos
O primeiro fin de semana de xuño (días 2 e 3) realizarase o descenso de barrancos do clube, será en Mondoñedo, e a pernocta será no refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía.
O Figueiras(desnivel 260m),
Boibal(130m),
Guilfonso(200m),
Augalva (con 350m de desnivel)... son algúns dós barrancos que temos preparados.
Non esquezades anotarvos na sección
Socios deste web.
publicado 25/5/07
8ª Gala del Deporte de Vigo y su Comarca
O venres 27 de abril celebrouse a Gala do Deporte, onde foron escollidos os mellores deportistas da comarca de Vigo de 2006 organizada e patrocinada polo Concello, Caixanova e FARO DE VIGO.
A deportista
Iria Prol Taboada, socia infantil do Espeleo Club Aradelas acadou o galardón de mellor espeleóloga de Vigo no deporte de Espeleoloxía. Os resultados acadados no 2006 por Iria acreditan a súa nominación: 1º posto no Ranking Nacional de Progresión Vertical nas tres probas recoñecidas pola
FEE Velocidade, Resistencia e Circuito.
Este é o segundo ano consecutivo que Iria acada dito galardon e agardemos que o vindeiro ano siga nas primeiras prazas deste deporte,
"ánimo Iria".
publicado 5/5/07
Campionato Espeleo Club Aradelas de Progresión Vertical
Novas datas para a competición en Vigo.
DATAS:
8 e 9 de setembro de 2007
LUGAR:
Pabellón de Deportes Municipal de Sardoma (VIGO)
PROBAS A DISPUTAR:
TODALAS MODALIDADES E CATEGORÍAS
publicado 1/5/07
Troco de datas no Descenso de Barrancos do ECA.
As novas datas escollidas para esta actividade son o
2 e 3 de xuño. O lugar é o mesmo que tiñamos pensado nun principio: Mondoñedo, onde temos varios barrancos a escoller.
Temos que dar as grazas ó
Espeleo Club Rei Cintolo pola súa axuda nesta actividade.
publicado 1/5/07

Número 26 de Subterránea. Revista de Espeleología.
Últimas exploraciones
Krúbera-Voronya (-2.158m). Exploraciones 2005-2006
El karst de Atxapunte, Bizkaia
Canyoning en Lombardía, Italia
Sima de La Luna LLena, Cantabria
Ultimas exploraciones
Campañas 2006
Páginas técnicas
Pasamanos recuperables
Publicacion semestral de la
FEDERACION
ESPAÑOLA
DE ESPELEOLOGÍA
publicado 18/4/07
A pasada semana santa foron as datas escollidas para facer o Campamento Social do ECA na Serranía de Cuenca, onde se desprazaron cinco espeleólogos.
As covas visitadas foron a Solana e máis a Ramera; deixando tempo para visitar a nacemento do río Cuervo cunha paisaxe nevada ben fermosa. En breve engadirase a descripción e a topo destas covas na sección
"Cavidades de interese" da Web.
Lembramos ós socios que este mércores haberá pase de fotografías dá actividade.
publicado 10/4/07

Botádelle unha ollada a seguinte dirección web:
http://es.msnusers.com/espeleoshe/brasil90.msnw
Aquí poderedes atopar unha chea de fotos da expedición a Brasil
que fixeron catro socios do Espeleo Club Aradelas no ano 90,
onde podemos recoñecer a Matos, Jose, Sigfri e más Casado nos anos mozos.
No clube aínda temos unha machada en lembranza da expedción Brasil'90.
publicado 23/3/07
Xa está aranxada a saída de covas para semana santa, onde oito socios visitarán Cuenca.
A durmida será nun camping preto de Uña; terra de covas profundas onde se atopa a
Cova dó Tio Manolo, La Solana, ou o Royo Malo.
Sacade moitas fotos e disfrutade da Natureza.
publicado 23/3/07
Os días 3 e 4 de Febreiro farase unha das saídas sociais do ECA. Será en Covas e visitaremos algunhas das cavidades da zona e máis Cortiñas, que será onde os socios despregen o seu inxeño e nos sorprenderán coas súas ideas.
publicado 26/2/07
CENECA
O día 20 de xaneiro, no hotel Coia faremos a cena do Espeleo Club Aradelas. Agardámosvos a todos para acompañar a Paco có seu famoso baile do pui pui.
Tende preparada a Salmoneca porque haberá que cantar toda a noite para comezar ben no ano. Non esquezas mandarnos un correo confirmando a túa asistencia.
baixa a salmoneca aquí
publicado 9/1/07
Actividades para o 2007
Xa temos feito o calendario de actividades para o vindeiro ano, e comezamos cedo coas actividades para os socios. Antes de que remate o ano realizaranse as Xornadas de Tecnificación e Promoción do Deporte Base:
23 de decembro Teoría de equipamento en cavidades. Local Social do ECA.
27 de decembro e 3 de xaneiro posta en práctica da teoría. Pavillón municipal de Sárdoma.
Non esquezades pasar polo clube ou mandarnos un correo electrónico avisando da vosa asistencia.
Asamblea Xeral
Está preto o remate do ano, e como tódolos anos xa temos data para facer a Asamblea do Clube. Será o vindeiro 17 de decembro as 10:30 da mañá no local social do ECA, xa se enviou a convocatoria a tódolos socios coa orde do día.
Esperámos que veñades tódolos socios, temos sitio para todos.
2/11/2006 - Espeleo Magosto
Non fagades plans para os días 11 e 12 de novembro, pois temos actividade no refuxio de Liñares.
Bernardo e máis Luis xa teñen preparadas as castañas para que todos as disfrutedes, tamén haberá covas para tódolos gustos.
Non esquezades apuntarvos mandando un mail ou pasando o mércores polo clube.
24/10/2006 - Os representantes do Espelo Club Aradelas acadan varias medallas en Marbella Os días 21 e 22 de Outubro celebrouse a II Campionato de Progresion Vertical en Málaga onde varios dos nosos deportistas recibiron medallas nas diferentes probas:
Velocidade:- Iria Prol medalla de Prata (Infantil)
- Claudia Suarez medalla de Ouro (Xuvenil)
- Maria Luisa Barros medalla de Ouro (Veteran A)
- Manuel Prol medalla de Ouro (Veterán A)
Resistencia:- Iria Prol medalla de Prata (Infantil)
- Claudia Suarez medalla de Ouro (Xuvenil)
- Maria Luisa Barros medalla de Ouro (Veteran A)
- Manuel Prol medalla de Ouro (Veterán A)
Circuito:- Iria Prol medalla de Ouro (Infantil)
- Claudia Suarez medalla de Ouro (Xuvenil)
Este mércores poderedes saudar os Campiones no local social do ECA e ver as fotos da competición.
11/10/2006 - II Campeonato de España de Progresión Vertical - San Pedro de Alcántara -2006 A fin de semana do 21 e 22 de Outubro celebrarase o II Campeonato de España organizado pola Federación Andaluza de Espeleoloxía. A data de inscripción é ata a vindeiro luns, así que non o deixedes pasar pois teñen un máximo de 150 participantes. Podedes baixar as bases do Campionato aquí.
andalus_2006.doc
Máis información en:
Federación Española de Espeleología
www.fedespeleo.com
Federación Andaluza de Espeleología
www.espeleo.com
9/10/2006 - II Torneo de Espeleología FME - FEE O sábado 7 de Outubro achegáronse a Patones cinco socios do clube para participares no Torneo organizado pola Federación Madrileña de Espeleología. Repartidos en catro categorías todos eles acadaron medallas, as probas foron circuito, velocidade e resistencia.
Iria Prol medalla de Oro en Velocidade, Resistencia e Circuito.
Categoría Infantil.
Jorge García medalla de Oro en Velocidade, Resistencia e Circuito.
Categoría Infantil.
Caludia Suarez medalla de Oro en Velocidade, Resistencia e Circuito.
Categoría Xuvenil.
Francisco Couto medalla de Prata en Resitencia e Circuito, Bronce en Velocidade.
Categoría Maiores.
Beatriz Bruna medalla de Oro en Velocidade e Resistencia.
Categoría Veteráns A.
30/9/2006 - Visita a terras Cántabras.Está pasada fin de semana dez socios do clube, entre os que se atopan dúas rapazas infantís, achegáronse a Cantabria para visitar unha das covas con máis percorrido da nosa xeografía: o Sistema de la Gándara.
Atopar a boca da cova é ben sinxelo, pero o noso grupo non atinou a primeira por unha confusión na interpretación de como chegares ata a boca. Despòis de varias horas de busca atoparon o camiño, que non ten perda.
Cinco horas de exploración visitando as enormes galerías de estilo Cántabro, pasando por un laminador que derrengou a todos para chegar a cabeceira dos pozos que veñen da entrada pola sima.
O mércores día 4 teremos pase de fotos da Gándara no Local Social do ECA.
© Espeleo Club Aradelas
espeleoclubaradelas@yahoo.es
Pizarro, 4 bajo. Local 17 - 36204 Vigo Tlf.: 986 12 68 10