/ Novas / ECA / Actividades / Cavidades / Competicion / Cursos / Links / Socios /
ECA. O Noso Clube
Espeleo Club Aradelas

Espeleo Club Aradelas

A Espeleoloxía

¿A espeleoloxía é un deporte?

¿En qué consiste a espeleoloxía?

¿Son moi grandes as covas?

¿Qué é a Federación Galega de Espeleoloxia?

¿quén somos?

Obxectivos

Compromisos

¿Cántos Somos?

Nosos Premios

¿Cómo nos financiamos?

Nosa “LIGA”

Principais Actividades Feitas

Publicacións


A Espeleoloxía

Para poderes presentar ó Espeleo Club Aradelas debemos coñecer previamente qué é a Espeleoloxía e para elo resolvemos unha serie de cuestións que aparecen amiudo.

¿A espeleoloxía é un deporte?

A primeira dúbida que xurde é saber se estamos falando dun deporte, unha ciencia ou como en ocasións escoitamos unha carreira universitaria. Pois ben, a espeleoloxía é un deporte e como tal está regulado pola súa correspondente Federación que a súa vez depende directamente do Consejo Superior de Deportes.

O deporte da espeleoloxía ten unha forte compoñente científica especialmente polo aporte que supón a exploracion espeleolóxica para todas aquelas ciencias que estexan estreitamente ligadas ó mundo das cavernas como son a paleontoloxía, antropoloxía, xeoloxía, bioloxía, etc.

¿En qué consiste a espeleoloxía?

O principal obxectivo da espeleoloxía é a busca, exploración e estudio das cavidades. Que podémolas dividir en dous grandes grupos: As Covas, cavidades de desenrolo básicamente horizontal y as Simas, cavidades de desenrolo vertical formadas xeralmente por unha sucesión de pozos.

Os espeleólogos son os “derradeiros descubridores”, os auténticos exploradores do seculo XXI. Dende fai décadas sábese que ol Monte Everest cos seus 8.848m. é o teito da terra, que os 11.033m. da Fosa das Marianas é o punto máis fondo baixo o mar e que o sol atópase a una distancia de 149 millóns de kilómetros; pero cál é a cova máis extensa ou a sima máis profunda da terra segue a ser un misterio para a ciencia. Cada ano as exploracións dan novos e mellores resultados chegando a cotas de profundidade e desenrolo hata onte impensables.

Na era das telecomunicacións e a máis avanzada tecnoloxía non existe ningún aparato capaz de detectar as grandes cavernas ou as grandes simas da terra, este traballo é para o espeleólogo que inicialmente rastrea os terreos calcáreos na busca de bocas e grietas e posteriormente procede a súa exploración que en ocasións pódese prolongar durante anos. Incluso cando a cavidade se da por totalmente explorada pode aparecer un pequeno conducto ou unha corrente de aire que nos alerte de que a exploración aínda está viva e as posibilidades de continuidade intactas.

No momento da creación do Espeleo Club Aradelas, no 1985, a mítica Sima de a Piedra de San Martín (Pirineos, ESPAÑA-FRANCIA) cos seus -1.342m. ostentaba o récord mundial de profundidade en continua loita con a Réseau Jean-Bernard (FRANCIA). De aquí o récord pasou a Francia, México, Eslovenia, Georgia, Austria, etc. Hoxe dúas décadas despois, a Sima de a Piedra de San Martín quedou relegada ó posto 19 e incluso foi superada por outras 3 cavidades españolas. Namentres que o récord mundial de profundidade está na sima Krúbera-Voronya en Abkhazia (GEORGIA) onde unha expedición internacional na que participou noso colega e amigo, o español Sergio García-Dils, deu chegado en novembro de 2004 ó primeiro “-2.000” da tierra superando a cota de -2.080m. nunha exploración que aínda continúa aberta.

¿Son moi grandes as covas?

En España considéranse “Grandes Cavidades” todas aquelas covas que superan os 3.000m. de desenrolo ou os 300m. de profundidade.

Vexamos algunhas cifras:

A cova máis longa...

La sima máis profunda...

Como podemos observar, en Galicia as covas son de dimensiones máis ben modestas; pero non por elo menos interesantes. Na actualidade estase traballando nalgunhas simas da Serra Encina da Lastra (OURENSE), onde se podería superar o récord galego de profundidade.

¿Qué é a Federación Galega de Espeleoloxia?

La F.G.E. é unha federación deportiva autonómica afiliada á Federación Española de Espeleología e polo tanto dependente do Consejo Superior de Deportes. En ela agrupanse tódolos clubes galegos que practican este deporte e dende ela coordínase e regúlase a actividade espeleolóxica galega.

Dende a súa creación en 1981, momento no que se apartaou da Federación Galega de Montañismo, a F.G.E. mantivo un numero de federados estable que vai dos 300 ós 400 espeleólogos.

A F.G.E. autorregúlase por unha Xunta Directiva e unha Asamblea electa na que sempre estivo representado o Espeleo Club Aradelas.

Actualmente en Galicia existen 17 clubs de espeleoloxía afiliados a la F.G.E.

Espeleo Club Aradelas (E.C.A). ¿quén somos?

Nos primeiros meses de 1985, espeleólogos pertencentes ás seccións de espeleoloxía dos clubes de montaña de Vigo teñen varias reunións cun único obxectivo común: a creación do primeriro clube deportivo vigués e da provincia dedicado exclusivamente á práctica de la espeleoloxía.

É así como en Xuño de ese mesmo ano nace o Espeleo Club Aradelas, que toma o seu nome dá sima máis fonda de Galicia, explorada poucos anos antes por varios dos socios fundadores.

Dende o momento da súa creación o E.C.A. apuntou uns obxectivos e compromisos que mantivo hata os nosos días.

Obxectivos

Compromisos

O E.C.A. asumiu un triple compromiso:

Coa ciudade de Vigo.

Con Galicia.

Có colectivo espeleolóxico.

¿Cántos Somos?

Dende a súa fundación o E.C.A. mantivo un alto número de afiliados, neste momento somos 52 socios. Esta cantidade pode parecer pequena; pero non é así se se compara co resto de clubes de espeleoloxía tanto no ámbito autonómico como estatal.

Debemos destacar que nos dous últimos anos de vida o clube aumentou considerablemente o seu número de socios infantís, feito que nos convirte no primeriro e único clube galego que dispon de Sección Infantil hata a data de hoxe.

Actualmente o número de socios do E.C.A. representa o 10% dos federados en toda Galicia. Este potencial permitiunos realizar unha actividad espeleológica destacada e continuada que nos fixo merecedores de importantes galardóns.

Nosos Premios

-Mellor Clube Galego de Espeleoloxía, 1990. (Xunta de Galicia)*
-Mellor Clube Galego de Espeleoloxía, 1992. (Xunta de Galicia)
-Mellor Clube Galego de Espeleoloía, 1995. (Xunta de Galicia)
-Mellor Clube Galego de Espeleoloxía, 1998. (Xunta de Galicia)
-Mellor Clube Vigués de Espeleoloxía, 1998. (Concello de Vigo)
-Mellor Clube Galego de Espeleoloxía, 1999. (Xunta de Galicia)
-Mellor Clube Galego de Espeleoloxía, 2001. (Xunta de Galicia)
-Primeiro clasificado nó Ranking Nacional de Progresión vertical, modalidade infantil
-Primeira e segunda clasificada nó Ranking Nacional de Progresión vertical, modalidade infantil

*Temos que comentar que unha norma da F.G.E. vixente hata o ano 1999 non deixaba que una asociación fose “Mellor Clube Galego de Espeleoloxía” dous anos consecutivos para dar opción deste galardón a clubes máis modestos. Ainda que este criterio perxudicounos en varias ocasiones, o E.C.A. sempre respaldou esta medida solidaria da F.G.E.

¿Cómo nos financiamos?

A financiación do E.C.A. basase en dous pilares esenciais, as cuotas de socios e as subvencións.

As cuotas son o eixo central da nosa economía pois son os únicos ingresos garantizados e predecibles con certa exactitude nos presupostos anuais do clube. Están destinados a cubrir as nosas necesidades básicas.

Como o noso principal obxectivo sempre foi a promoción e práctica da espeleoloxía e non aumentar o noso patrimonio, as cuotas sempre foron acordes ás necesidades de cada momento intentando gravar o menos posible ós nosos asociados. Esto permitiunos manter unha economía modesta pero totalmente saneada.

Cuota individual:

- Adulto: maior de 18 anos = 35 €
- Xuvenil A: entre 16 y 18 anos = 20 €
- Xuvenil B: entre 14 y 16 anos = 15 €
- Infantil: entre 0 y 14 anos = 10 €

Nosa segunda fonte de ingresos son as subvenciones, que principalmente veñen da Xunta de Galicia (o través da F.G.E.), da Diputación Provincial e do Concello de Vigo. Este tipo de ingresos é de contía variable en cada tempada polo que se destina básicamente a aumentar a calidade dos servicios ofrecidos os nosos asociados. Unha pequena parte de esta partida tamén se destina como remanente para posibles imprevistos e evitar así descapitalizar o clube.

CUOTAS DE SOCIOS
Finalidade: Cubrir as necesidades básicas

- Mantemento do local social
- Gastos de hipoteca e comunidade
- Teléfono, electricidade, auga, etc.
- Material de oficina
- Mantemento da biblioteca
- Organización de actividades sociaies
- Elaboración de memorias de actividades
- Gastos de imprenta (dípticos, carteies...)

SUBVENCIÓNS
Finalidade: Mellorar os servicios ofrecidos

- Renovación do material colectivo(cordas, mosquetóns...)
- Mantemento dun arquivo fotográfico
- Preparación de actividades oficiaies da Federación Galega de Espeleoloxia
- Subvencións a socios: Inscripcións a cursos e asistencia a congresos
- Compra de material básico para cursos de iniciación(cascos, carbureiros...)



Nosa “LIGA”

Dende 2005 existe un calendario oficial de competición no que tódolos federados poden participar. Trátase dunha serie de Torneos que se celebran ó longo do ano onde os participantes entran a formar parte do Ranking Nacional de Progresión Vertical sumando os puntos dos diferentes campionatos nos que participaron; de aquí sae o mellor deportista da tempada, o que estea na posición máis alta da taboa de clasificación do Ranking é o que máis puntos fixo o longo da tempada.

Aparte de tódolos Torneos celebrados existe unha proba denominada "Campeonato de España de Progresión Vertical", do que sae o Campión de España en cada unha das categorías participantes, estas son:

Infantís: de 10 a 13 anos.

Xuvenís: de 14 a 17 anos.

Maiores: de 18 anos en diante.

Veteráns A: de 35 anos en diante.

Veteráns B: de 45 anos en diante.

Principais Actividades Feitas

Para unha mellor comprensión das actividades realizadas por el E.C.A. imos desglosalas en dous grupos: Exploracións e Outras actividades (Asistencia a Congresos e colaboracións en Docencia).

..........

..........

- Barcelona (ESPAÑA), 1986 - Budapest (HUNGRIA), 1989

- La Chaud des Fonds (SUIZA), 1997- Brasilia (BRASIL), 2001

- Madrid-Cuenca (ESPAÑA), 1986 - Trieste (ITALIA), 1987

- Lieja (BELGICA), 1996- Madrid (ESPAÑA), 1998

Publicacións

© Espeleo Club Aradelas

espeleoclubaradelas@yahoo.es

Pizarro, 4 bajo. Local 17 - 36204 Vigo Tlf.: 986 12 68 10


Esta páxina web en galego recibiu unha axuda outorgada pola
Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia


contador de visitas