diseño Illamaxin
/ Novas / ECA / Actividades / Cavidades / Competicion / Técnica / Illas Atlánticas / Links /
Cavidades
Espeleo Club Aradelas

Barrancos

Río Xallas

Asturias

Cueva de Llonín

Cueva del Lloviu

Cueva de Canes

Sistema de Rales

Cueva de la Trapa

Cova Rosa

Pozu del Fresno

Cueva de Alda

Castilla-León

Basconcillos

Honseca

Cova Nostra

Lendreras

Sima de la Básilica

Galiana Alta I

Cueva del Río

Cueva del Asno

Galicia

Cova de Bermún

Cova do Rei Cintolo

Sima Aradelas


Campamento Social 2005- Llonín

Situación cartográfica: Sigpac. Llonín

Como chegar

Seguindo a estrada AS114 (Cangas de Onís - Arenas de Cabrales - Panes), a uns 4km de Panes atoparemos un desvio a man esquerda que en dirección norte levanos ata o pobo de Llonín, hai que pasalo desvío e coller o seguinte a esquerda que é o que nos leva máis preto da coba; é un camiño de terra que sube facendo curva. O chegares a altura dun regato que cruza a pista, poderemos deixar os coches nun abrigo natural a nosa esquerda, e uns metros máis adiante veremos un prado facendo escalóns. Hai que subir ata o máis alto, onde o afloramento tópase coa herba.

Descripción da cavidade.

A boca de entrada de esta cova non fai xustiza o que dentro dela poderemos atopar; unha diaclasa descendente ábrese no medio da rocha para continuar por un estreito e caótico meandro ata chegar a primeira sala. Cova activa onde o brillo das paredes e as formacións míranse en todo momento, Llonín sorpréndenos nada máis chegares con escéntricas, banderolas e macarróns moi ben feitiños nos que descargar as nosas cámaras. Pero no corrades tanto, reservalas para máis adiante que é onde paga a pena.

Trala primeira estancia poderemos seguir baixando ata unha sala non tan fermosa pero un pouco máis grande. Segundo baixamos a ela, seguiremos na mesma dirección para chegar a unha gateira que nos levará ata a base dunha trepada algo técnica e estreita. Habemos de seguir sempre para arriba ata toparnos unha sala intermedia cun grande bloque no medio e medio.

Seguide trepando, pois o máis impresionante aínda está por vir: unha sala na que poderedes atopar todo tipo de formacións, escentricas, macarróns, grandes columnas, coladas e cores, moitas cores, dende o branco ata o bermello. E xinxelo quedar prendado por toda esta beleza e perderte varias horas nunha inmesa sala na que vexas para onde vexas somentes atoparás beleza.

Despois de pechala boca e voltar a realidade, seguimos a nosa exploración por tódolos recunchos deste paraiso espeleolóxico e atopamos outra sala na que quedamos novamente abraiados: coladas xigantes e gours onde entran varias persoas móvense coa sombra dos nosos carbureiros. Ata arriba de todo subimos, e máis ala, esto é o ceo da espeleo; e namentres tratábamos de voltar a lucidez atopamos unha trepada nunha dificultosa rampa de area que se converte en gatera que nos levaría ata a salita máis feitizadora na que me atopara xamais. De pequenas dimensións, a sala ten o chan de area, as paredes e mailo teito da mesma están forrados dunha cristalización brillante que lembra a cova dos enanos, é como se tivese luz propia; realmente abraiante.

Recomendacións:

É obriga levar a cámara de fotos, se non o fas, terás remorsos pola beleza que ahí dentro se atopa.

Esta cova é ben sinxela, ainda que non debemos esquecer que ten algún paso complicado.

Non fan falla os aparellos de vertical.

© Espeleo Club Aradelas

espeleoclubaradelas@yahoo.es

Pizarro, 4 bajo. Local 17 - 36204 Vigo Tlf.: 986 12 68 10