diseño Illamaxin
/ Novas / ECA / Actividades / Cavidades / Competicion / Técnica / Illas Atlánticas / Links /
Cavidades
Espeleo Club Aradelas

Barrancos

Río Xallas

Asturias

Cueva de Llonín

Cueva del Lloviu

Cueva de Canes

Sistema de Rales

Cueva de la Trapa

Cova Rosa

Pozu del Fresno

Cueva de Alda

Castilla-León

Basconcillos

Honseca

Cova Nostra

Lendreras

Sima de la Básilica

Galiana Alta I

Cueva del Río

Cueva del Asno

Galicia

Cova de Bermún

Cova do Rei Cintolo

Sima Aradelas


Lendreras - LEON

Topo: Lendreras.jpg

Localización e achegamento

Lendreras é un "clásico" da espeleoloxía galega, durante moitas tempadas foi unha das covas máis visitadas polos espeleólogos galegos, xunto con Valporquero. A cova atópase en Tolibia de Abajo (León) achegándonos por unha pista de terra na entrada do pobo a dereita, onde atoparemos un cartel. Seguiremos a pista ata o seu remate e atoparemos unha casiña pechada, de onde parte un camiño que sube ó monte zigzageando; dende unha das curvas mírase a cancela que pecha a entrada a cova.

A travesía segue pechada cunha porta, candado e unha cadea rota. A porta parece pechada, pero se miramos máis detidamente poderemos ver un dos eslabóns da cadea roto. Antes de entrar debemos cerciorarnos de que a saída está aberta (pois a saída de abaixo ten uns barrotes de ferro), se queremos recuperar a corda despois do pozo; aínda que nos levamos os aparellos de vertical connosco, o que nos permitiría voltar por onde entramos en caso de atoparmos a saída pechada, que no noso caso non foi así.

Descripción.

A boca da cova da a unha sala chea de restos da antiga exposición instalada polo concesionario da explotación da mesma. Pola nosa dereita, avanzaremos ata atopar o pozo, logo de salvar un par de buratos tras unha repisa . O pozo sitúase no fondo do embudo cunha columna baixa e gorda na cabecara, un anclaxe natural moi bo para usar cunha driza. Aquí colocaremos a corda de 20 metros e descenderemos ata atopar un spit na mesma vertical do pozo. Dito pozo é aéreo e cae nun gour rematado por unhas estalagmitas en forma de cono. Na do medio colocamos a outra corda, 35 metros. O baixar a rampa tras o gour, a galería vira a nosa dereita, para continuar nunha rampa duns 20 metros que da á sala onde comezan as galerías inferiores.

Tralos pozos, nos atopamos nunha sala da que sairemos por unha sucesión de pequenas gateiras ata chegar o río, e seguiremos o seu cauce. A parte do río é a máis ampla escomezando por unha zona de caos de bloques ata chegares á parte das formacións: moitos macarróns e unha colada inmensa chamada "a pagoda". Para achegarnos a saída abandonamos o río por unha pequena trepada que nos leva ó nivel seco e a outra zona de gateiras onde se atopa o paso coñecido como "a bañeira". Tras ela, máis gateiras ata chegares a saída. Todo o percorrico está ben indicado por unhas pequenas frechas; imposible perderse.

A volta os coches farémola remontando o cauce seco dun río, rodeando o monte polo que discurre a cova, ata voltar a boca principal.

Ficha Técnica:

Coordenadas: X: 1º 42' 20" - Y:42º 57' 25" Z:1.300m (1981)

Desenrolo: 1.340 m.

Desnivel: -50m.

Auga: Si

Neopreno ou barca: Non

Aparellos de vertical: Si.

Material de Instalación: Driza, corda 20m, corda 35m.

Tempo de Exploración: 3 horas.

Topografía: Catálogo de cavidades de León. Tomo II / Federación Castellano - Leonesa de Espeleología.

© Espeleo Club Aradelas

espeleoclubaradelas@yahoo.es

Pizarro, 4 bajo. Local 17 - 36204 Vigo Tlf.: 986 12 68 10