Barrancos
Asturias
Castilla-León
Galicia
Galiana Alta - SORIA
Topo:
Galiana Alta I
Situación cartográfica: Sigpac.
Canon do Río Lobos
Como Chegar
Dende Ucero en dirección o nacemento do río que leva o mesmo nome. Atópase na parte máis alta da subida á Galiana , no cerro El Santo, dende a estrada pódese ver a súa enorme boca. Na derradeira curva de ascenso atopamos un carreiro a man esquerda que baixa pola base dunha parede de rocha.
Na beira dereita da estrada está a segunda entrada á cavidade, un pozo de 10 metros, de forma redondeada que se atopa entre ás numeras árbores que poboan o lugar.
Descripción da cavidade
Esta é unha cova que pola súa ubicación é moi visitada e aínda que algunhas das formacións estén danadas pódese ver por todo o percorrido a fermosura que nun tempo alumeou; pois agora é un cova en proceso de descalcificación que vai morrendo os poucos.
A entrada principal é unha boca de 8x10 m, e segundo avanzamos pola galería vaise facendo máis pequena ata chegares a uns pasos estreitos que non teñen moita dificultade; do outro lado a galería é máis ampla e cómoda serpeando entre as numerosas columnas que atopamos o noso paso ata desembocar nunha grande sá circular cun burato no medio, a segunda entrada.
Nesta parte, a cova ten dúas galerías ben bonitas que paga a pena ver detidamente, é a única parte da cova que está activa, pensa que a máis fermosa.
Ficha Técnica:
Poboación: Preto do pobo de Ucero, (Soria)
Coordenadas: X: 496.640 Y: 4.620.050 Z:1.125m
Desenrolo: 223m
Desnivel: 13m
Auga: Non
Travesía: Para facer a travesía necesitaremos os aparellos de vertical
Material de Instalación: Corda de 15 m
Tempo de Exploración: 2 horas
Topografía: “Cuevas y simas de la Zona Centro” - GET - 1979
© Espeleo Club Aradelas
espeleoclubaradelas@yahoo.es
Pizarro, 4 bajo. Local 17 - 36204 Vigo Tlf.: 986 12 68 10