Barrancos
Asturias
Castilla-León
Galicia
Pozu del Fresno
Como chegar
Partimos de Posada de Llanes camiño Meré pola AS115. Cando pasamos Rales, vemos un desvío á esquerda que leva ó Mazuco. Entramos ó pobo deixando un hórreo a nosa dereita e seguimos pola única pista asfaltada que atopamos: a esquerda e un pouco en baixada. Esta pista, cementada, deixa pasar un coche. De seguido collemos a man dereita unha pista sen asfaltar que sube, deixando a nosa esquerda unha casa azul. Seguimos ata chegares a unha cancela, onde podemos deixar o coche. Neste punto temos dous camiños máis para fincas, pero abrimos a cancela que atopamos de frente e non esquezades pechala. Percorremos a finca por un camiño ata un grupo de árbores, un a dereita, e outro a esquerda do camiño onde se atopa un funil que forma a boca da coba.
A cova está preto da Cueva del Bolugo.
Descripción
Entramos por un P20 e chegamos a unha galería en forma de diaclasa co teito ben alto. O chan é un cono de derrubios que opcupa todo o ancho da galería. Se destrepamos un pequeno resalte o pe do pozo chegamos a unha sá sen continuación, pola outra banda damos a unhas sás ben fermosas e grandes unidas por un pozo de P10. Na primeira delas o chan está cheo de gours e as paredes contan con fermosas formacións. Tamén temos excéntricas que medran en tódalas direccións; paga a pena buscares unha de medio metro de longa que medra en horizontal antes de baixar o pozo. Despoís do pozo damos a unha grande sá que lembra a esas grandes cavidades Cántabras con xigantescas sás, rampas, estalagmitas desmesuradas ... Se imos ó máis alto da sá atoparemos formacións verdadeiramente orixinais que paga a pena atopar.
Se queremos facer máis vertivcal podemos baixar ata -140 baixando por unha espiral de pozos que se atopa antes de baixar o P10 e atoparnos coa grande sá. O primeiro é un P7, trás el atopamos dous camiños a seguir: por unha banda damos a unha sá inferior da cova, namentres que pola outra vía sucederánse os pozos que levan ata o máis fondo da cova. Primeiro un P15 que nos deixa nunha sá con forma de pera por onde escorrenta o auga, despoís, unha rampa de estalagmitas que precisa corda da a cabeceira dun P35 (Pozo Mobius). A saída do pozo está tapada por estalagmitas que no seu momento foi desobstruído. Daquela chegaremos a un bloque cun paso na parte alta do mesmo, que supón maior dificultade a volta que a ida. Se pasamos este punto chegaremos a un pozo de 12m onde o auga desaparece entre bloques e remata a cova.
Ficha de instalación:
Zona: El Bolugo, Llanes
Desenrolo: 350m.
Desnivel: -140m.
Auga: Non teredes problemas coa auga
Aparellos de Vertical: E obrigado levalo se non queredes quedar na boca
© Espeleo Club Aradelas
espeleoclubaradelas@yahoo.es
Pizarro, 4 bajo. Local 17 - 36204 Vigo Tlf.: 986 12 68 10