diseño Illamaxin
/ Novas / ECA / Actividades / Cavidades / Competicion / Técnica / Illas Atlánticas / Links /
Cavidades
Espeleo Club Aradelas

Barrancos

Río Xallas

Asturias

Cueva de Llonín

Cueva del Lloviu

Cueva de Canes

Sistema de Rales

Cueva de la Trapa

Cova Rosa

Pozu del Fresno

Cueva de Alda

Castilla-León

Basconcillos

Honseca

Cova Nostra

Lendreras

Sima de la Básilica

Galiana Alta I

Cueva del Río

Cueva del Asno

Galicia

Cova de Bermún

Cova do Rei Cintolo

Sima Aradelas


Campamento Social 2005- Canes

Topo: Canes.jpg
Situación cartográfica: Sigpac. Puertas

Como chegar
Dende Cangas de Onís tomamos a estrada As-114 en dirección a Arenas de Cabrales. Uns 6 km antes de chegar a este último tomaremos á esquerda nunha desviación deica o pobo de Puertas. Unha vez alí seguimos á esquerda por unha pista de cemento e sobrepasamos uns prados para encontrar, a mano dereita, un cartel de “no tirar basura”. Aquí deixaremos o coche para continuar a pe por un sendeiro que nos leva hata dúas grandes bocas. A segunda é a entrada principal dá cavidade.

Descripción da cavidade.
Outra entrada de película é a que nos agarda en Canes. Unha xigantesca dolina chea de vexetación ábrese antes nos, baixamos cómadamente e no máis alto ollamos como as árbores apremen arredor nosa, estamos a entrar nun curso de augas meandriforme que condúcenos o tráves de sesenta e dúas aturuxudas reviravoltas ata chegar a un sifón.

Deixando atrás a entrada, achegémonos por un galería ampla a unha sala a ceo aberto que é moi semellante a anterior dolina, un pouquiño máis adiante comeza a escuridade.

Estamos nunha gran sala cun riacho polo medio cunha tradición centenaria xa esquecida: a curación dos queixos; nunha salita a man esquerda quedan os restos dunha antiga adega onde os veciños do pobo curaban o queixo.

Seguímos o riacho que nos leva polas primeiras curvas deste sinuoso percorrido con moito cuidadiño de que os rapaces non se mollen. Cun teito alto e un ancho medio de dous metros a erosión da rocha deixase ver no desgaste das curvas que fai o río cando este vai en crecida. Curvas e máis curvas atopamos un destrepe decisivo... ¿mollámonos ou non?. Estábamos a piques de dar a volta cando atopamos un paso estreito que evita a fervenza, e alí vamos todos de miolos. Para non mollarmos temos que facer mil filigranas cos rapaces evitando o curso activo deica chegar a unha saliña co teito baixo no que ou te arrastras polo leito do riacho o das a volta; a segunda opción pareceunos o máis axeitado para evitarmos a molladura segura. Pero no camino de volta acabamos todos enchoupados pero cun bo sabor de boca.

Ficha Técnica:

Zona: Puerta, Cabrales

Desenrolo: 1100m

Tipoloxía: Meandro con curso activo de aguas.

Material: Non precisades máis que o equipo básico de espeleo, non ten verticais, pero si o riacho está crecido mollaredes ata o xeonllo.

© Espeleo Club Aradelas

espeleoclubaradelas@yahoo.es

Pizarro, 4 bajo. Local 17 - 36204 Vigo Tlf.: 986 12 68 10