diseño Illamaxin
/ Novas / ECA / Actividades / Cavidades / Competicion / Técnica / Illas Atlánticas / Links /
Cavidades
Espeleo Club Aradelas

Barrancos

Río Xallas

Asturias

Cueva de Llonín

Cueva del Lloviu

Cueva de Canes

Sistema de Rales

Cueva de la Trapa

Cova Rosa

Pozu del Fresno

Cueva de Alda

Castilla-León

Basconcillos

Honseca

Cova Nostra

Lendreras

Sima de la Básilica

Galiana Alta I

Cueva del Río

Cueva del Asno

Galicia

Cova de Bermún

Cova do Rei Cintolo

Sima Aradelas


Cova de Bermún- LUGO

Topo: Bermún.jpg

Localización e achegamento.
A Cova de Bermún atópase en Lugo, seguindo a estrada C-546 Lugo-Ourense, tomando entre os puntos kilométricos 32 y 33 á esquerda a estrada local que leva ó Val do Mao e a Incio; seguidamente temos que desviarnos á dereita en dirección a Incio hata chegares o pobo de Bermún, pasando a primera casa temos un camiño de carro que se mete entre prados á dereita, o final do camino, nunha carballeira, pódese deixar o coche. De frente segue o camiño e temos un segundo camiño que baixa á dereita, seguimos o camiño e imos dar ó prado que ten a boca de cova.

Descripción de la cavidad.
Os arredores que se observan antes de entrar son principalmente un hundimento en forma de dolina, duns 12 metros de profundidade por 7 metros de diámetro, así como numerosos puntos de absorción de agua, algúns deles impracticables.

O acceso o seu interior faise polo lado da dolina ó que lle falta a pared exterior, hacia a esquerda, por medio dunha angosta chimenea descendente que chega después de catro metros o chan dun pequeno rellano, o que comunica cun curto charco ocasional. Deixando atrás un pequeno aporte de agua, vírase 90 grados a través dun tortuoso meandro, onde a característica común é a erosión que presenta a caliza no antigo cauce, que desemboca nun resalte de 3 mts. en forma de cascada.

Unha vez destrepada esta, chégase á Sala Pequeña, lugar onde o río se estreita e desaparece para sentirse e resurxir por un tubo de presión que sae da mencionada sala, formando pequeñas marmitas no seu percorrido. O conducto estréitase ó chegares á zona de La Chimenea, lugar onde é preciso ascender uns cinco metros para alcanzar a parte alta e poder continuar a exploración.

Por unha corta galería descendente temos cortos destrepes e pasamos por varias gateiras que rematan na Sala Ártabros; esta sala é duns 17x6 mts., contén grandes bloques ós que temos que trepar para continuar a progresión.

Aquí o percorrido divídese en dous, e máis adiante volvese unir; a parte da esquerda lévanos á Sala Uno e Sala Dos, accesos ó meandro do bloque e parte baixa da zona do río; a parte da dereita comunícanos có Meandro de la Rana e a Sala Tres. Á zona fósil que contén o Meandro del Bloque e a Poligonal de Nick (ou Labirinto) chégase despois de haberes superado un resalte de 2 mts, destacando o enrexado de meandros e gateiras do chan arcilloso, así como a Sala das Pizarras e a Sala dos Bloques. É posible contactar coa parte activa do río a través do Pozo das Alegrías (P5), por medio dunha estreita diaclasa.

Consideraciones finais
O percorrido total practicado esta preto de 1 Km, recomendándose proseguir a exploración nas zonas do Meandro da Rana, o Pozo das Alegrías e o Labirinto.

Ficha Técnica:

Desenrolo: 1.100 mretros

Auga: Nos meandros de entrada ata chegares á sala Ártabros pódese inundar se chove; moito coidado.

Material de Vertical: No necesita.

Tempo de Exploración: 4 horas.

© Espeleo Club Aradelas

espeleoclubaradelas@yahoo.es

Pizarro, 4 bajo. Local 17 - 36204 Vigo Tlf.: 986 12 68 10