diseño Illamaxin
/ Novas / ECA / Actividades / Cavidades / Competicion / Técnica / Illas Atlánticas / Links /
Cavidades
Espeleo Club Aradelas

Barrancos

Río Xallas

Asturias

Cueva de Llonín

Cueva del Lloviu

Cueva de Canes

Sistema de Rales

Cueva de la Trapa

Cova Rosa

Pozu del Fresno

Cueva de Alda

Castilla-León

Basconcillos

Honseca

Cova Nostra

Lendreras

Sima de la Básilica

Galiana Alta I

Cueva del Río

Cueva del Asno

Galicia

Cova de Bermún

Cova do Rei Cintolo

Sima Aradelas


Sima Aradelas - LUGO

Topo: Aradelas.jpg

En Galicia atopamos a máxima profundidade hata o de agora na Sima Aradelas, situada na provincia de Lugo. -142 m.

Localización e achegamento.
O acceso máis sinxelo faise dende Seoane, no medio do pobo en dirección a Piedrafita encontramos unha pista a man dereita que baixa ata o río Lor (onde atoparemos o camping de Seoane) e o cruza para subir pola ladeira oposta, pasando polo pobo de Esperante; un pouco máis arriba atopamos unha bifurcación: á esquerda imos a Campelo e de frente a Mostad, collemos o camiño da esquerda.
Pasado o pobo de Campelo chegamos de seguida a un collado, onde deixremos os coches. Dende este lugar subimos a pe por un sendeiro ben marcado hacia o pico do mesmo nome que o pobo, a uns trescentos metros, e á dereita do sendeiro atópase a boca da sima nun pequeno cortado. Rodeada de grandes bloques, que sirven para reasegurar a instalación, como anclaxe natural, atópase a boca da sima.

Ó Foso
O descenso do primeiro pozo P26 que da paso ós cortos resaltes e rampas remata nun cono de derrubios na base da Sala El Foso (-27). Hacia a esquerda a progresión remata a través dun corredor descendente que desemboca no Botafumeiro; seguiendo pola dereita sucédese unha zona de bloques inestables e angostas gateiras destrepables, chegando -despois de baixar do P6- á cabecera do Pozo Héctor.

Ó Pozo do Camel
O Pozo Héctor podese atallar seguindo por un enrexado de gateiras arcillosas entre un pequeno caos de bloques que leva hata o comenzo do P9. Chegados a base deste pozo, que está formado por bloques de derrubios, obsérvase unha gran chimenea ascendente. Continuando a progresión é preciso destrepar pequenos resaltes e fortes rampas arcillosas, que conducen hata o lugar onde se aprecia un pequeño aporte de auga que se perde ós poucos metros entre o chan cheo de bloques da Sala La Mesa (-74).
De esta sala parte unha galería que desemboca no P8, Pozo del camello (-84).

Á Sala Monforte
Dende o Pozo do Camello (-84) pódese facer unha delicada travesía pola súa veira dereita hata chegares a unha galería baixa duns 15 metros de percorrido, que remata no P29, o feceres o descenso directamente a través do P24. Ámbolos dous pozos levan hata -108 mts., a Sala dos Hosos. Neste lugar atopáronse -nas primeiras exploracións da cavidade- diversos hosos petrificados dun animal carnívoro, así como algunhas "perlas das cavernas".
Proseguindo por unha ampla galería de chan esbaradizo -no que, dependendo da época do ano podemos atoparnos cun pequeño aporte de auga- chegamos hata o comenzo do P8, aéreo na súa totalidade, presenta o inconvinte de que rega o descenso c unha cascada de auga que forma un pequeno estanque no chan da Sala do Buzón. continúase pola galería de curto percorrido que ten belas formacións litóxenas de helictitas, así como o chan lamoso, chegando a maior profundidade da sima neste punto que es de -128,4 metros.
Durante moitos anos este foi o máis fondo que podiamos chegar os espeleólogos en Galicia, pero un grupo de Monforte desobstruiu e atoparon unha gateira ben estreita que nos leva a cabeceira dun P12 que forma a sala máis grande deste cavidade.

Ficha Técnica:

Desnivel: 142 mretros

Auga: Non teremos problemas coa auga salvo no pozo que da acceso o Buzón.

Material de Vertical: Importante, sen el non faredes nada. Tódolos pozos están instalados con párabolt, pero ningún deles ten chapa.

Tempo de Exploración: 6 horas.

© Espeleo Club Aradelas

espeleoclubaradelas@yahoo.es

Pizarro, 4 bajo. Local 17 - 36204 Vigo Tlf.: 986 12 68 10