Nesta sección poderás atopar información de covas de tódalas formas e cores que se atopan no mundo da escuridade. Cavidades en verdade impresionantes polas súas dimensións e pequenos buratos con maxia no seu interior iran engadindo a lista de cavidades; todas elas escritas polos socios do clube comentando as súas impresions perante a exploración.

Aquí tentaremos dar tódala información posible para unha exploración sinxela e sen sorpresas, con consellos e actuacións que en cada caso poden ser melloradas. Se nesta información atopas detalles que pasamos por alto ou que se poden mellorar non dubides en escribirnos dando a túa opinión: espeleoclubaradelas@yahoo.es