Sima Aradelas – LUGO

Topo: Aradelas.jpg

En Galicia atopamos a máxima profundidade hata o de agora na Sima Aradelas, situada na provincia de Lugo. -142 m.

Localización e achegamento.
O acceso máis sinxelo faise dende Seoane, no medio do pobo en dirección a Piedrafita encontramos unha pista a man dereita que baixa ata o río Lor (onde atoparemos o camping de Seoane) e o cruza para subir pola ladeira oposta, pasando polo pobo de Esperante; un pouco máis arriba atopamos unha bifurcación: á esquerda imos a Campelo e de frente a Mostad, collemos o camiño da esquerda.
Pasado o pobo de Campelo chegamos de seguida a un collado, onde deixremos os coches. Dende este lugar subimos a pe por un sendeiro ben marcado hacia o pico do mesmo nome que o pobo, a uns trescentos metros, e á dereita do sendeiro atópase a boca da sima nun pequeno cortado. Rodeada de grandes bloques, que sirven para reasegurar a instalación, como anclaxe natural, atópase a boca da sima.

 

Ó Foso
O descenso do primeiro pozo P26 que da paso ós cortos resaltes e rampas remata nun cono de derrubios na base da Sala El Foso (-27). Hacia a esquerda a progresión remata a través dun corredor descendente que desemboca no Botafumeiro; seguiendo pola dereita sucédese unha zona de bloques inestables e angostas gateiras destrepables, chegando -despois de baixar do P6- á cabecera do Pozo Héctor.

Ó Pozo do Camel
O Pozo Héctor podese atallar seguindo por un enrexado de gateiras arcillosas entre un pequeno caos de bloques que leva hata o comenzo do P9. Chegados a base deste pozo, que está formado por bloques de derrubios, obsérvase unha gran chimenea ascendente. Continuando a progresión é preciso destrepar pequenos resaltes e fortes rampas arcillosas, que conducen hata o lugar onde se aprecia un pequeño aporte de auga que se perde ós poucos metros entre o chan cheo de bloques da Sala La Mesa (-74).
De esta sala parte unha galería que desemboca no P8, Pozo del camello (-84).

Á Sala Monforte
Dende o Pozo do Camello (-84) pódese facer unha delicada travesía pola súa veira dereita hata chegares a unha galería baixa duns 15 metros de percorrido, que remata no P29, o feceres o descenso directamente a través do P24. Ámbolos dous pozos levan hata -108 mts., a Sala dos Hosos. Neste lugar atopáronse -nas primeiras exploracións da cavidade- diversos hosos petrificados dun animal carnívoro, así como algunhas “perlas das cavernas”.
Proseguindo por unha ampla galería de chan esbaradizo -no que, dependendo da época do ano podemos atoparnos cun pequeño aporte de auga- chegamos hata o comenzo do P8, aéreo na súa totalidade, presenta o inconvinte de que rega o descenso c unha cascada de auga que forma un pequeno estanque no chan da Sala do Buzón. continúase pola galería de curto percorrido que ten belas formacións litóxenas de helictitas, así como o chan lamoso, chegando a maior profundidade da sima neste punto que es de -128,4 metros.
Durante moitos anos este foi o máis fondo que podiamos chegar os espeleólogos en Galicia, pero un grupo de Monforte desobstruiu e atoparon unha gateira ben estreita que nos leva a cabeceira dun P12 que forma a sala máis grande deste cavidade.

Ficha Técnica:

Desnivel: 142 mretros

Auga: Non teremos problemas coa auga salvo no pozo que da acceso o Buzón.

Material de Vertical: Importante, sen el non faredes nada. Tódolos pozos están instalados con párabolt, pero ningún deles ten chapa.

Tempo de Exploración: 6 horas.