Cova do Rei Cintolo – LUGO

Topo: Cintolo.jpg

Pasado e presente.
Nesta cova é onde se podería dicir que nace a espeleoloxía organizada en Galicia. En 1954 unha expedición pesada do Club Montañeiros Celtas de Vigo, rachan có mito e percorren varios kilómetros de galerías nunha campaña rodeada de moito interese. Posteriormente numerosos grupos dedícanse a realizar traballos de todo tipo, destacando os feitos pola S.E. do C.A.L. da Univ. Laboral de A Coruña, xunto con outros grupos como o G.E.S. Ártabros de A Coruña e o Club Ancares de Lugo, dos que sae a topografía actual da cavidade.

Actualmente a cova está pechada, pois o concello de Mondoñedo quere amañar o sector central para visitas turísticas e a Federación Galega de Espeleoloxía pensa que non é unha boa idea; o que deixa a tódolos espeleólogos de portas afora namentres non cheguen a un acordo. Esperamos que se resolva canto antes esta situación, pois é a cova máis grande de Galicia e é unha magoa que esté pechada.

Localización e achegamento.
Esta cova atópase situada na parroquia de Argomoso dentro do municipio de Mondoñedo (Lugo). As mencións a esta cova veñen dende a antigedade, recolléndose numerosas lendas en torno a ela. A máis importante quizá sexa a que da orixe o seu nombre, referente ó rei godo Suintila, rei Cintolo para outros (p. ej. A. Cunqueiro).

Desenrolo.
O desenrrolo da cova é de 6.500 metros se ben este pode ser maior tendo en conta novas galerías descubertas despois da topografía. É importante suliñar que todo o desenrolo está nunha superficie de apenas 5 hectáreas, co quel nos podemos facer unha idea do carácter laberíntico da mesma. Destacan pola súa lonxitude a galería de Apóstoles, a que nos conduce o punto más lonxano da cova, así como a galería de vírgenes situada na zona sur.

Técnicamente non é unha cova difícil, non obstante será preciso andar con tento debido ós numerosos saltos, trepes o gateiras que atoparemos por todo o seu percorrido. Se queredes visitar as salas con máis renome desta cavidade, deberedes de ir xunto dun espeleólogo que teña ben claro como chegares a tódalas estancias, pois como xa comentamos, ésta é unha cova onde é ben sinxelo desonrientarse; non de valde é unha cavidade onde o espeleosocorro galego tivo máis actuacións.

Ficha Técnica:

Consello: Entrar cun espeleólogo que coñeza a cova, pois é ben sinxelo perderse.

Desenrolo: 6.500 mretros

Auga: Esta é unha cova na que non teremos problemas deste tipo, pois somentes atoparemos algunha lagoa e un río co que non teremos problemas.

Material de Vertical: Non precisa.

Tempo de Exploración: Depende da ruta que queiramos facer. Podemos votar dúas ou tres horas polo Sector Central, e se queremos perdernos no resto da cova podemos chegar a estar dez ou doce horas.