Cueva del Asno – SORIA

Topo: Cueva del Asno.jpg
Situación cartográfica: Sigpac. Hoz del Duero

Como Chegar

Situándonos na N-111 dirección Soria (a uns oito kilómetros da cidade), a dereita atópase unha estrada en mal estado que nos leva a Granja Sinova e a presa de Los Rábanos na Hoz del Duero. Da outra banda da presa seguimos preto de 1500 m pola estrada ata atopar a nosa esquerda pequenas lagoas de sudre, pois un pouco máis adiante hai unha granxa de porcos. Baixamos ata a derradeira fosa de sudre e cruzamos da outra banda, deixando atrás ó cheirume dos porcos, por unha senda pouco marcada que nos leva ata o canón do río Duero. Cando o monte escomenza a baixar debemos atopar un camiño que zigzagea e nos leva dereitiños á boca.

Descripción da cavidade

Cueva del Asno é unha cavidade de grande importancia espeleolóxica e arqueolóxica; pois dende a idade de Bronce foi usada polos poboadores do lugar e é a maior das covas que se atopan na Provincia de Soria. Nos anos setenta fixéronse diversos traballos de excavación na procura de restos arqueolóxicos e dende entón converteuse na cova máis visitada da provincia, e polo tanto, na máis expoliada. Dende a boca principal ata a segunda boca podemos atopar numerosas pintadas e centos de formacións rotas por toda a galería, pode parecer extraño, pero aínda así podense atopar fermosas concrecións ó longo do percorrido.

A cova é horizontal cáseque en todo o seu percorrido; feita principalmente por dúas galerías paralelas, ten tres bocas pero somentes unha se pode facer a pe, as outras dúas son fiestras que dan o canón do Duero. Dende a entrada 1 a galería avanza en dirección Este sen maior dificultade, salvo algún paso desfondado que temos que pasar por un lateral, ata chegar a  Sala de los Muerciélagos cun bo mogote de guano no chan preto da entrada 2. Un pouco antes da fiestra a cova segue por unha galería a man dereita que nos leva á galería paralela, da que falábamos antes; é a máis longa da cavidade con máis dun kilómetro de percorrido. Seguindo en dirección Este (galería La Bala) o teito da cova baixa ata facerse un laminador seguido dun paso estreito cun pouco de auga no que somentes se molla o cu. De seguido o teito volta a ser alto e nos atopamos nunha sala grande, avanzamos por gateiras ata chegar a outra sala grande, volta ás gateiras e outra sala grande, máis pasos estreitos e por fin chegamos ó fin desta tortuosa galería. Por contra dos pasos estreitos esta é unha galería ben bonitiña, activa en boa parte do percorrido que se atopa lonxe das máns de todos aqueles desaprensivos que non se atreven a pasar por estreitas axeonlladas. Moi recomendable. Da outra banda, a galería segue en dirección oeste, máis ampla e bastante máis cómoda que La Bala ata chegares a un paso estreito aberto polo Grupo Alto Duero que nos da acceso ó derradeiro secto da cova.

Ficha Técnica:

Poboación: Hoz del Duero, Los Rábanos, Soria

Desenrolo: 1750 m
Auga: Non
Aparellos de vertical: Non
Tempo de Exploración:7 horas Topografía: Centro de Estudios Hidrográficos-1968; G.E. Alto Duero-1978