Cueva del Río – SORIA

Topo: Cueva del Río.jpg
Situación cartográfica: Sigpac. Río Chico

Como Chegar

Vindo de Ucero, a uns 300 m do pobo de Aylagas temos unha pista ancha a man esquerda que despois dunha curva divídese en dous; seguimos a esquerda, pois a outra rodea o pobo, e un pouco máis adiante volta a bifurcarse; desta vez collemos a dereita e tiramos para adiente. Como referencia atoparemos a man dereita outra pista que leva a unha granxa, seguimos de fronte ata atopar unha senda que se mete no bosque a nosa esquerda, un bo lugar para deixar os coches.

De aquí en diante é todo baixada por un sendero ben marcado por un bosque frondoso que se divide, collemos a dereita e baixamos ata cruzar un cortalumes. A partires de aquí o bosque xa non é tan mesto e uns 50 m por diante nosa atopamos unha torca de 70 m de perímetro a esquerda do camiño.

Descripción da cavidade

Grazas o afundimento do teito da galería principal desta cova, podemos internarnos na cavidade, baixamos pola pendente que forma a torca ata chegares a cabeceira do pozo. Por debaixo nosa temos un cono de derrubios que cáseque chega o máis alto, quedando o pozo en pouco menos de dez metros; pola contra atopamos unha enorme galería pola que entra a luz do día iluminando boa parte do camiño a facer.

Cara ó Sur a galería vai encollendo ata chegares a unha trepada que leva a un salita situada por riba da entrada con formas moi fermosas. Pola outra banda (dirección Norte) o chan descende ata chegares a unha encrucillada de galerías con grandes bloques no seu fondo, a que segue de fronte e unha rampa que remata os poucos metros. Seguindo cara o norte chegamos á Sala del Esperanto que segue nun meandro desfondado e cheo de barro que se vai estreitando ata que remata. Un pouco antes do fin deste meandro temos unha trepada ben técnica que nos leva a un nivel superior concrecionado, a Galería del Pensamiento e a Sala de los Zuecos Gigantes. Si na encrucillada collemos a dereita chegamos a parte máis ampla da cova, con enormes bloques no chan e teitos altos. Aquí tamén se atopa a Sala Chula onde se atopa a meirande parte de formacións da cova.

Ficha Técnica:

Poboación: Río Chico, Aylagas, Valdemaluque, Soria

Desenrolo: 370 m

Desnivel: -48m

Auga: Non

Aparellos de vertical: Si

Material de Instalación: 15 m de rampa e 10 de pozo

Tempo de Exploración:2-3 horas Topografía: A.E.GET-1985