Galiana Alta – SORIA

Topo: Galiana Alta I
Situación cartográfica: Sigpac. Canon do Río Lobos

Como Chegar

 

Dende Ucero en dirección o nacemento do río que leva o mesmo nome. Atópase na parte máis alta da subida á Galiana , no cerro El Santo, dende a estrada pódese ver a súa enorme boca. Na derradeira curva de ascenso atopamos un carreiro a man esquerda que baixa pola base dunha parede de rocha.

Na beira dereita da estrada está a segunda entrada á cavidade, un pozo de 10 metros, de forma redondeada que se atopa entre ás numeras árbores que poboan o lugar.

Descripción da cavidade

Esta é unha cova que pola súa ubicación é moi visitada e aínda que algunhas das formacións estén danadas pódese ver por todo o percorrido a fermosura que nun tempo alumeou; pois agora é un cova en proceso de descalcificación que vai morrendo os poucos.

A entrada principal é unha boca de 8×10 m, e segundo avanzamos pola galería vaise facendo máis pequena ata chegares a uns pasos estreitos que non teñen moita dificultade; do outro lado a galería é máis ampla e cómoda serpeando entre as numerosas columnas que atopamos o noso paso ata desembocar nunha grande sá circular cun burato no medio, a segunda entrada.

Nesta parte, a cova ten dúas galerías ben bonitas que paga a pena ver detidamente, é a única parte da cova que está activa, pensa que a máis fermosa.

Ficha Técnica:

Poboación: Preto do pobo de Ucero, (Soria)

Coordenadas: X: 496.640 Y: 4.620.050 Z:1.125m

Desenrolo: 223m

Desnivel: 13m

Auga: Non

Travesía: Para facer a travesía necesitaremos os aparellos de vertical

Material de Instalación: Corda de 15 m

Tempo de Exploración: 2 horas

Topografía: “Cuevas y simas de la Zona Centro” – GET – 1979