Sima de La Basílica o de Las Perlas – SORIA

Topo: Basilica.jpg
Situación cartográfica: Sigpac. Montecillo

Como Chegar

Esta sima é a de máis beleza das cáseque vinte que se atopan na zona do Montecillo, sito na parte alta do canón do Río Lobos na súa beira esquerda.

A esta zona podemos chegar pola estrada de San Leonardo de Yagüe a Santa María de Hoyas no Km. 7, no medio dunha curva atópase a entrada dunha pista a nosa esquerda que nos leva bordeando unha colina e baixa un chisco para entrar nun bosque de pinos. Percorridos uns 200 metros de pista, xa no pinar, temos a boca de entrada con forma de dolina a uns 10 metros na banda esquerda da pista.

Descripción da cavidade

Pese a información coa que contabamos levamos unha sorpresa nada máis entrares pola boca, pois segundo as nosas pesquisas a cova ten un pozo de entrada e unha rampa que chega ó máis fondo da cova. Esta información non está enganada, pero non poñía en ningures que a rampa hay que baixala con corda. Preto de 60 m de corda é o que precisamos para baixar esta endiañada rampa.

A cabeceira de entrada ó pozo é a árbore que atopemos máis preto da boca. Unha vez amarrados a árbore chegamos a unha boa cabeceira, con varios spits a escoller; faremos un volao de 12 metros ata chegares o chan dun pozo-rampa que se perde na escuridade da cova.

Comforme baixamos, a cova vai collendo grandes dimensións quedando o teito da cova na sombra do noso carbureiro, e o chegares o final da rampa damos cun cono de derrubios que enche a galería de progresión. A nosa deretia a galería é cega e chea de desperdicios, nos continuamos pola esquerda, que é o que paga a pena da cova.

Unha vez no fondo da pedreira atopamos dúas grandes sás e unha galería que leva a unha trepada onde a cova remata en gateira. Como se pode ver na topo esta é unha cova que ten galería única, sen ramais, pero que pola súa beleza non podedes deixar de visitar, pois aquí dentro atópase unha gran sá totalmente chea de ás de anxo e algunha columna, abundantes coladas e estalactitas, e na parte máis baixa da cova temos unha sá pequerrecha chea de formacións de calcita cristalizada dun branco cintilante.

O nome da cova ven do piso inferior, derradeiro, no que o teito está colmatado e atopamos unha formación semellante á cúpula dunha basílica.

Ficha Técnica:

Desenrolo: 127 m

Desnivel: -33m

Auga: Non

Aparellos de vertical: Si

Material de Instalación: 60 m (para a entrada e máis a rampa) e 10m

Tempo de Exploración:3-4 horas

Topografía: G. E. Almusent – Madrid 1971.