Lendreras – LEON

Topo: Lendreras.jpg

Localización e achegamento

Lendreras é un “clásico” da espeleoloxía galega, durante moitas tempadas foi unha das covas máis visitadas polos espeleólogos galegos, xunto con Valporquero. A cova atópase en Tolibia de Abajo (León) achegándonos por unha pista de terra na entrada do pobo a dereita, onde atoparemos un cartel. Seguiremos a pista ata o seu remate e atoparemos unha casiña pechada, de onde parte un camiño que sube ó monte zigzageando; dende unha das curvas mírase a cancela que pecha a entrada a cova.

A travesía segue pechada cunha porta, candado e unha cadea rota. A porta parece pechada, pero se miramos máis detidamente poderemos ver un dos eslabóns da cadea roto. Antes de entrar debemos cerciorarnos de que a saída está aberta (pois a saída de abaixo ten uns barrotes de ferro), se queremos recuperar a corda despois do pozo; aínda que nos levamos os aparellos de vertical connosco, o que nos permitiría voltar por onde entramos en caso de atoparmos a saída pechada, que no noso caso non foi así.

Descripción.

A boca da cova da a unha sala chea de restos da antiga exposición instalada polo concesionario da explotación da mesma. Pola nosa dereita, avanzaremos ata atopar o pozo, logo de salvar un par de buratos tras unha repisa . O pozo sitúase no fondo do embudo cunha columna baixa e gorda na cabecara, un anclaxe natural moi bo para usar cunha driza. Aquí colocaremos a corda de 20 metros e descenderemos ata atopar un spit na mesma vertical do pozo. Dito pozo é aéreo e cae nun gour rematado por unhas estalagmitas en forma de cono. Na do medio colocamos a outra corda, 35 metros. O baixar a rampa tras o gour, a galería vira a nosa dereita, para continuar nunha rampa duns 20 metros que da á sala onde comezan as galerías inferiores.

Tralos pozos, nos atopamos nunha sala da que sairemos por unha sucesión de pequenas gateiras ata chegar o río, e seguiremos o seu cauce. A parte do río é a máis ampla escomezando por unha zona de caos de bloques ata chegares á parte das formacións: moitos macarróns e unha colada inmensa chamada “a pagoda”. Para achegarnos a saída abandonamos o río por unha pequena trepada que nos leva ó nivel seco e a outra zona de gateiras onde se atopa o paso coñecido como “a bañeira”. Tras ela, máis gateiras ata chegares a saída. Todo o percorrico está ben indicado por unhas pequenas frechas; imposible perderse.

A volta os coches farémola remontando o cauce seco dun río, rodeando o monte polo que discurre a cova, ata voltar a boca principal.

Ficha Técnica:

Coordenadas: X: 1º 42′ 20″ – Y:42º 57′ 25″ Z:1.300m (1981)

Desenrolo: 1.340 m.

Desnivel: -50m.

Auga: Si

Neopreno ou barca: Non

Aparellos de vertical: Si.

Material de Instalación: Driza, corda 20m, corda 35m.

Tempo de Exploración: 3 horas.

Topografía: Catálogo de cavidades de León. Tomo II / Federación Castellano – Leonesa de Espeleología.