Cova Nostra – PALENCIA

Topo: Covanostra.jpg

Localización e achegamento.Esta pequena cova atópase un kilómetro máis adiante de Honseca, camino Velilla (km. 101), fronte un merendeiro, unha pista que leva ó vertedeiro e a mina. Ó comezo desta pista atopamos a nosa dereita un desterre que se ve dende abaixo. A cova está feita por unha única galería con moitas formacións. Recoméndase levar unha corda de 10 metros para saltar un resalte.

Descripción.
Ésta é unha pequena cavidade cunha única galería moi accesible, na que se fixeron obras para a súa apertura o público. Éntrase por unha galería na que o chan está escavado, convertindo unha gateira, a base de pico e pa, nunha galería pola que podemos avanzar a pe. A pesares de todo, está ben conservada e ten moitas formacións. O máis importante da cavidade é a sala que atopamos o final do percorrido, tras baixar por un destrepe equipado cun tronco vello con pinta de que lle quedan poucas primaveiras. Para chegares á sala final debemos superar un resalte no que, no nos virá mal a corda de dez metros para axudarnos a pasar ó outro lado.
Esta é unha cova moi colmatada esquecida do mundo espeleóloxico que somentes paga a pena se estades polos arredores, por exemplo en Honseca.

Ficha Técnica:

Preto de Cova Nostra: Honseca

Desenrolo: 110 m.

Auga: Non.

Material de Vertical: Non. Aínda que cunha corda de 10 metros poderemos axudarnos nun paso sen necesidade de arnés.

Tempo de Exploración: 1 hora.

Topo: GES. Montañeiros Celtas, 1997. Memoria “Espeleoloxía na serra palentina (Alto Carrión)”.