Cova de Honseca- PALENCIA

Topo: Honseca.jpg

Descripción somera, accesos e recomendacións

A cova de Honseca está ó norte da provincia de Palencia, na fronteira con León, localidade de Velilla del Río Carrión, estrada provincial 615 de Saldaña a Riaño no kilómetro 102. A boca onferior é perfectamente visible dende a estrada. É unha surxencia estacional canalizada para os momentos de crecidas. O acceso é sinxelo xa que pódese deixar o coche a uns corenta metros da boca.

A Cavidade é unha travesía cunha boca superior e outra inferior. Cada boca da a unha rede de galerías que se comunican por unha colada que se pode superar en chimenea. A boca inferior é a entrada dunha rede laberíntica de galerías nas que en época de choivas fórmanse lagos ben profundos polo que se atopamos a cova con auga e mellor enfundarse o neopreno. Nesta parte débese ter en conta o estado do tempo pois pódese sifonar en varior puntos. Pola súa banda, a boca superior da acceso a unha rede fósil de amplas galerías e abundantes concreccións. Ésta boca atópase a 41 m. de altitude sobre a entrada principal da cova (a surxencia ou boca inferior), botada un pouco a esquerda (se vemos deica o macizo). É unha entrada con forma de triánglo, ben pequena é con forma de gateira que pódese tapar de vexetación.

Aínda que xa dixemos que a cova é unha travesía, non ten a espectacularidade das travesías típicas xa que ambalas dúas entradas atópanse na mesma parede do macizo calcáreo, coa diferencia de altitude que hai entre elas. Quizais sexa máis recomendable faceres a galería inferior, indo preparados para a auga e, dende o exterior, atopar a boca superior, que da paso a unha rede de galerías secas.

Descripción da cavidade

A boca da cova ábrese ó marxe da estrada, a nivel do río, na base do monte de La Cruz, facendo un cauce polo que, na época de choivas, escorrenta un importante caudal, que pode sifonar a entrada.

A galería de entrada, en favor dunha fractura, da paso a un afunfimento polo que debemos baixar ata un sifón. Remontando polos bloques, chegamos a unha galería ben grande. Tras un percorrido de 100m, a galería divídese en dous, seguindo a dirección na que viñamos crúzase unha galería de sección ampla que un pouco máis adiante estreitase rematando en diaclasa.

Pola outra banda, se tomamos a galería da dereita antes de percorrer esta galería sen saida, chegaremos a unha sala grnde situada nun plano inferior á que chegan varios tubos freáticos. O nivel superior é unha galería fosil que en dirección este acaba colmatándose e en dirección oeste volve a galería de antes. Seguindo polo nivel inferior, por onde circula auga en época de crecidas, atoparemos dúas galerías paralelas cheas de lagoas, con ou sen auga dependendo das condición climáticas do momento, e que se comunican dando lugar a unha sala non moi grande con bloques. Temos unha sucesión de salas a través dunha rampa de area descendente e dunha galería semiobstruida por un derrumbe.

Na galería de entrada, no cruce preto do final, en dirección sur, atópase unha gateira moi estreita trala que atopamos unha colada que sube uns 20 metros e alcanza o nivel superior tras un pasiño en chimenea entre estalactitas. Dende a colada, a galería segue en dirección oeste para rematar obstruida, namentres que en dirección norte chégase a unha sala onde cruza outra galería superior rícamente concrecionada.

Se pasamos ó nivel superior pola boca que está a 41 m. por enriba da surxencia, daremos a unha gateira de pequenas dimensións que crece nos derradeiros metros dando acceso a unha sala concrecionada fósil. Se continuamos pola galería central ata outra sala cun gran bloque atoparemos a súa dereita un destrepe que nos leva a outras galerías. Unha rampa achéganos a unha galería inferior e poucos metros despois a galería aumenta de tamaño. É neste intre onde se atopa o enlace coas galerías do nivel inferior o traves dun paso estreito baixo un bloque. O paso é destrepable e da sido nunha sala onde, volvéndo a dereita, levaranos a galería de entrada.

A topografía fíxoa a Sección Espeleológica de Ingenieros Industriales SEII en 1982. A escala é pouco clara para unha cavidade de estas dimensións, aínda que nós seguimos a topografía ó avanzar pola cova. Iso si, dímonos de conta na mesma cova que cada puntiño negro que aparece no dibuxo quere dicir que atoparemos un lago. Por outra banda, suliñar que na parte esquerda da topo represéntanse as galerías que teñen acceso pola entrada de arriba e máis as da entrada principal, polo que a topo queda un pouco confusa.

Ficha Técnica:

Preto de Honseca: Cova Nostra

Coordenadas: X:348220 – Y:4.742,220 – Z:1.161 m.

Desenrolo: 3.600 metros (Novas erxploracións dan 6000 metros)

Desnivel: 62 m.

Auga: Na rede de galerías inferiores e con abundantes lagos na época de choivas.

Neopreno o Barca: Recomendable para os lagos cando estén cargados

Material de Vertical: No necesita (novas exploracións: Pozo 40m ó canón).

Tempo de Exploración: 5 horas.

Bibliografía e topo: Sección Espeleológica de Ingenieros Industriales SEII 1982.