Travesía de Basconcillos – BURGOS

Topo: Basconcillos.jpg

Descripción somera, accesos e recomendacións
A entrada principal atópase, un kilómetro o norte de Basconcillos del Tozo, nó fondo dun val cego. polo que o río Hurón se sume, reaparecendo, como río Rudrón en Barrio-Panizares, pouco antes do rexurdir ábrese unha grande dolina do “Puente del Diablo” ou “Hoya de los Caracoles”, que é a segunda porta á cavidade.

Dende o mesmo pobo de Basconcillos del Tozo, tómase a nacional en dirección a Aguilar de Campoo. A uns 500 metros do pobo cruzamos un riacho chamado Mundilla. Seguendo o curso de éste por un amplo camiño paralelo chégase á entrada de Basconcillos (Cueva de los Moros), onde o rio se sume.

Para chegar á “Hoya de los Caracoles” o de Barrio Pañizares, tomaremos, dende Basconcillos del Tozo, unha estrada comarcal dirección Valdeajos y Prádanos del Tozo. A un kilómetro deixamos un cruce a esquerda deica Hoyos del Tozo. Ó pasar o pobo pasaremos preto dunha canteira e deixamos a esquerda unha depresión, Hoya de las Animas. A cincocentos metros do cruce, e tras unha curva da carreteira, chégase ó punto onde é sinxelo achegarse a la Hoya de los Caracoles (a dereita da carreteira no sentido de achegarnos), cunha ponte de roca no extremos oposto á boca da cavidade.

Seguendo pola mesma carreteira, pódese chegar a Barrio Pañizares, aldea sen veciños onde afloran as augas do riacho Mundilla, dando orixe o río Rudrón e dende este punto, e subindo polo val cego ata atopares a citada ponte de roca, chégase á Cueva de los Moros, rexurdir ocasional do sistema ó que se atopa concectado.

No caso de dispor dun só coche, é mellor deixalo en Basconcillos del Tozo, entrar polo sumideiro e saír pola Hoya de los Caracoles, volvendo a pe polo monte atravesando a carreteira e baixando ata a boca da entrada pola parede a beira dereita do río.

Descripción da cavidade
A boca principal da acceso a unha enorme sala na que se sume río, polo que deberemos camiñarun pouco ata chegares ás galerías con auga. Son unhas galerías grandes sen aparente risco de sifonarse en nigúnha parte. Co caudal baixo, faise a pe todo o percorrido nesta parte da cova, ainda que a cantidade de auga nas galerías é abundante.

Na descripción da obra “Las 40 travesías de España”, ofrécesenos a alternativa, nun momento dado de abandoar o río ou continuar por él. Nos recomendamos seguir ó curso de augas. No caso de non seguires polo auga veremos un acceso lateral a través dunha fea rampa de barro que ascende a unha sala de bloques, “Sala de las Animas” pouco lucida na que teremos que facer un paso exposto que da acceso a unha sucesión de gateiras, criminais co neopreno vestido. Se pola outra banda, seguimos ó río, chegaremos a un grande lago con forma de “T” tralo que está o acceso a parte superior. Pero de continuar pola galería chegaremos a unha zona de diaclasas e fracturas en varios niveis onde o avance faise moi fatigoso, especialmente có neopreno. Por iso, recomendamos retroceder ata ver a nosa esquerda o camiño a unha bonita sala en rampa, caseque fronte do cal atoparemos a nosa dereita o paso ó dito nivel superior o través dun “arco” con chan de cantos rodados, baixo o qué teremos que pasar pra ascender por unha rampa de area que nos levará a “Sala de las Dunas”. Este é o primeiro acceso que na descripción aconsellan non coller. Nos pensamos que é o mellor. Se subimos por él, unha vez na sala, suxerímosvos remontar a rampa que temos ó fondo da sala collendo a nosa esquerda pola que chegaremos a saída dos tubos freáticos por onde apareceriamos se tomásemos o camiño alternativo descrito no libro das 40 travesías, e ó que se accedía dende a Sala de las Animas. O descender de novo a rampa da sala, poderemos apreciar a sua magnificencia, como se chegásemos a ela por ahí. Percorreremos a sala pola dereita ata chegares a segunda baixada ó curso de augas, recomendada na descripción, e que condúcenos ó “sifón terninal” ó través da “Galería y Sala del Anticlinal” e uns grandes lagos nos que temos que nadar.

De volta a grande “Sala de las Dunas” colleremos a nosa dereita a rampa que nos leva a saída, que se abre no fondo dunha dolina, “La Olla de los Caracoles”, que remontaremos por unha rampa á esquerda. O chegares arriba, á dereita mírase un grande arco natural, tralo que se atopa outra pequena cova. Nós, trepamos pola parede a nosa esquerda axudándonos dun balcón, que ó rodealo, danos acceso a saída por arriba. Remontando a loma poderemos ver o lonxe a forma do val cego da boca da entrada. Para chegar alí baixaremos do outro lado da loma ata a carreteira que ven do pobo. É un bo sitio para deixalo coche (se o temos) ainda que a volta andando e moi sinxela e cómada (10-15 minutiños). Unha vez na carreteira, cruzaremos na dirección dos pinos, que deixaremos atrás. Remontando un pouco, chegaremos a unha gran dolina que se rodea pola dereita e, unha vez superada, remontaremos suavemente ata chegares ó borde do val cego. Baixaremos o fondo pola nosa esquerda.

Ficha Técnica:

Coordenadas UTM
Basconcillos: X:419,100 – Y:4.729,370 – Z:920m.
Hoya de los Caracoles: X:419,950 – Y:4.729,670 – Z:958m.

Desenrolo: 3.310 metros

Desnivel: 38 m (entre as bocas)

Auga: Na rede de galerías inferiores e con abundantes lagos.

Neopreno o Barca: Recomendable para a travesía e na rede inferior de acceso o sifón

Material de Vertical: No necesita.

Travesía: Posible acceso cun so coche (Deixalo en Basconcillos)

Tempo de Exploración: 5 horas.

Bibliografía e topo: Las 40 travesías de España.