Topo: Alda.jpg

Como chegar

Dende Cangas de Onís collemos a estrada As-114 que vai a Arenas de Cabrales ata chegares ó Alto de Ortigueiro. Aquí deixamos a estrada xeral para coller unha pista asfaltada á dereita, entre as casas do pobo dirección La Salce. Pouco despois de rematar o pobo tamén remata o asfalto pero pódese entrar co coche. Atoparemos un desvío a dereita que pasaremos de longo, tamén pasaremos outro desvío a dereita que leva a unha antena. A pista segue ascendendo ata chegares a un alto onde escomezamos a baixar, o pouco atoparemos un carreiro a nosa dereita que baixa ata unha fochanca onde poderemos deixar o coche. No fondo da fochanca atoparemos dúas cabanas para o gando. Baixando polo carreiro ata a dolina atoparemos un cerco de metal, dende aquí seguiremos o peche de pedra á esquerda ata chegar a un pequeno afundimento onde está a boca da cavidade, que pese a ser de pequenas dimensións atópase con facilidade.
Descripción da cavidade.

Para entrares na cova debemos facer un destrepe dun cinco metros. DEnde aquí unha curta galería que vai medrando ata chegar a unha grande sá duns tres mil metros cadrados fermosamente concrecionada.

Polas dimensións da sá recomendamos que o percorrido se faga pola banda dereita e voltar pola esquerda, para non perdernos algunhas sás e galerías laterais. Ata o fondo do eixo principal ábrense pequenas sás, tamén moi concrecionadas e dun acceso sinxelo rodeando grandes columnas e formacións estalagmiticas que rematan, tras unha rampa descendente e unha gateira duns cinco metros, nunha nova galería que nos leva a unha sá de tamaño medio pero de grnade amplitude ó ter as paredes coma rampas descendentes separadas unhas das outras por máis de vinte metros e dunha altura semellante.

Xa de volta non debemos esquecer pasar pola zona central da sá principal onde atoparemos grandes estalagmitas.

Recomendacións:

Zona: Ortigueiro, Cabrales

Topo: L’esperteyu Cavernicola Espeleo-Club, 1985

A cavidade é seca, sinxela e de gran beleza polo que é moi recomendable facer fotografías

Non fan falla os aparellos de vertical.