Situación cartográfica: Sigpac. El Carmen

Achegamento

Saíndo de Ribadesella en dirección a Villaviciosa pola N-632, collese o desvío a esquerda pola As-341 en dirección Collía. Atravesase El Carmen e comezamos a baixar pola estrada, podémonos orientar co monte que temos a nosa esquerda, pois habémolo de rodear ata chegares a unhas poucas casas cunha pista que sube a nosa esquerda (sempre rodeando o monte, que é onde se atopa a cova). Subindo pola pista, o chegares arriba tomaremos a nosa esquerda para atravesar unha granxa e comezar a baixar deixando a nosa dereita un fermoso val cego. No máis profundo deste val atópanse dúas das entradas do complexo de Cova Rosa: a primeira e por onde entra o río e un pouquiño máis arriba temos A Urraca, que é por onde entraremos.

Esta cova ten varias entradas a distintos niveis que fan dela un labirinto vertical de pozos e ramais que se superpoñen e cruzanse un cento de veces, polo que é convinte coñecer a súa arrevesada morfoloxía para non levar ningún susto. Está divida en tres niveis ós que se pode acceder por distintas bocas dependendo do tipo de actividade que queiramos facer. Como xa dixen antes, entramos por A Urraca para recoñecelas galerías e orientarnos co fin de facer a travesía nun futuro e non ter ningún problema a hora de dar coa saída.

Descripción

Os primeiros pasos por Cova Rosa fan xustiza a esta grande cavidade, teitos altos, folgadas galerías e un río có que ter tento para non saíres mollado coma un pito. Seguirémos o curso do río atravesando a Gran Galería para atoparmos a Sala Cuadrada, fermoso valeiro que se atopa no medio dun degaxado cauce que non fai xustiza o tamaño desta enorme sala.

Seguindo o noso querido cauce pasaremos por Las Cuclillas ata chegares a Galería Sifonante, que como o seu nome indica é impracticable. Deberemos buscar un paso que nos deixe continuar a nosa marcha, podémolo facer fácilmente dende a Sala Cuadrada subindo ata máis alto desta para chegar a Galería del Barro: galería inclinada con bastantes formacións que sube e baixa durante todo o seu percorrido ata rematar de súpeto nunha salita.

Debemos tomar a nosa esquerda por un paso estreito que nos fai recuar uns metros entre formacións coralinas para chegar á Sala del barro.

Retomando de novo a nosa orientación iremos dar a unha rampa inclinada que nos levará directamente o río; segundo a topo podemos seguir por un paso que nos levará ata a Galería Oculta, pero nos non demos con el, tivemos que baixar á Galería Activa e subir pola seguinte rampa para atopar ésta galería segreda.

Unha vez chegados ao noso bello amigo o río que nos guiará ata a Sala Redonda, comezará a facer curvas co seu curso nun fermoso meandro ata chegar de novo a un sifón.

Aquí temos o punto final da nosa leria, poderemos visitar ata o recuncho máis afastado deste último nivel da cavidade pero non poderemos saír por Las Bolugas a non ser que non axuden por esa entrada para remontar un pequeno rapel; por eso esta saída estaba pensada para coñecer ben o nivel máis baixo deste complexo e ter claro a nosa ruta a próxima vez que fagamos a travesía completa.

Ficha Técnica:

Zona: Entre El Carmen y Calabrez, Ribadesella

Desenrolo: 3526m

Desnivel: -130m

Tipoloxía: Travesía, 4 bocas e moitas opcións para realizala.

Topo: L’ Esperteyu Cavernicola Espeleo-club, 1992

Material: Ter claro que ruta ides facer para escoller o material axeitado. Entrando por Las Bolugas somentes os fará falla unha corda de vinte metros.