Introducción

A “Cueva de la Trapa” constituía dende había tempo un gran atractivo para os espeleólogos do noso Clube, que esperaban ansiosos un momento propicio para realiza-la exploración da mesma.

A cova presenta tres partes ben diferenciadas en canto a seu desenrolo, unhas galerías superiores, unha zona cunha sucesión de pozos e un curso de augas activo.

O perigo de crecidas durante o inverno, a distancia dende a nosa cidade e a cantidade de cordas e material que tiñamos de portear debido a existencia de numerosas verticais, ainda que ningunha de gran tamaño, facía que non xurdisen ocasións de trasladarmos ata aló ata a fin de semana do 17 de setembro, en que unha equipa formada por tres espeleólogos conseguíu facer a parte inferior da cavidade ata o seu remate inferior en dous sifóns.<

Como chegar

A “Cueva de la Trapa” presenta un acceso sinxelo e cómodo dendo o vehículo, xa que se deixa a cinco minutos da boca.

Para chegarmos, temos que ir ata Oviedo pola autovía-autopista (depende do punto de partida) e abandonala na circunvalación de Oviedo na saída de Grado. Xusto na rotonda que hai nesa saída, tomaremos dirección Las Caldas, e unha vez atravesada esta poboación, subiremos á dereita en dirección Puertu. Non abandoaremos nunca esta subida, atravesando unha especie de “praza” na que seguiremos o noso ascenso pola estrada que se sitúa á dereite na parte alta da mesma. A medida que avanzamos, a estrada vaise estreitando entre os muros das leiras ata chegarmos o seu final, no que hai espazo para deixar un par de coches. É doado que atopemos outros espeleólogos explorando a cavidade porque é moi coñecida en Asturias.

Unha vez cambiados, entraremos por unha cancela e rodearemos unha gran dolina no cuio fundo atópase a boca da cavidade, pola que , se a cova está en carga, entra un regato. Ollo co regato porque, no seu cauce subterráneo, as veces orada a terra por baixo e podemos pisar sobre a herba superior e afundi-lo chan baixo o noso peso.

Sobre a recomendación para o equipamento dos espeleólogos, será diferente se queremos explorar-la parte superior da cavidade, composta por galerías secas, ou a parte inferior, onde a sucesion dos pozos conducen ó curso de augas activo.

Para a parte superior, é evidente a indumentaria. O acceso atópase nun pequeno trepe xusto sobre o primeiro “pocete”. Atravesaremos un paso estreito, chamado “Paso das Termópilas” ou “Paso da Embarazada” para atoparmos nun pasiño un tanto exposto que os curtos de perna, ou máis prudentes, votarán en falla unha cordiña de seguro.

Para a parte inferior da cova, nós fixemos a exploración equipados co peto do neopreno baixo un mono de espeleo. Ó chegarmos á parte baixa dos pozos, unha vez localizado o paso que accede ó río, descendimos ata atopalo e foi cando quitamos o mono exterior e puxemos a chaquetiña do neopreno que levabamos nas sacas. Podemos deixalas neste punto, xunto co material de vertical, porque non o precisaremos na exploración do río. Para ascender, realizaremo-la operación contraria. O ascenso dos pozos co neopreno posto faise moi cómodamente xa que os pozos non teñen moita altitude e non presentan ningunha dificultade técnica.

Descripción

Pertencente ó Concejo de Oviedo, a “Cueva de la Trapa” se sitúa no alto da localidade de Puertu, no fundo dunha dolina onde se achega por un collado de 275 metros. Órredor se sitúan o Pico da Corujera (554 m.), El Robléu (499 m.) e El Collaín (372 m.), que a separa do val do río Bó, que constitúe o curso activo da cova.

A cova é coñecida dende sempre pola xente do pobo. Durante a Guerra Civil foi utilizada como refuxio anti-aéreo pero anteriormente servira como abrigo para venados, sendo algúns dos seus restosatopados nos sedimentos da terraza de entrada, e como asentamento prehistórico. Según a lenda, o nome da cova lle ven de que se facían romerías onde os mozos perseguían as mozas do pobo ata a cova onde “as atrababan”, de ahí que se lle conoza como “Cueva l’atrapa”.

A cova foi topografiada por primeira vez nos anos ’70 e a topografía foi publicada no número 8 da revista “Espeleología Asturiana”.

Pola cavidade descurren dous ríos. O primeiro é o que entra pola boca principal e que sume un pouco despois da entrada. O segundo río é o río Bo, que, como xa indicamos anteriormente, constitúe o curso activo principal.

Galería de Entrada

Pódese considerar dende a gran boca inicial ata o primeiro pozo. Á entrada atoparemos unha sá de 17 por 9 metros, co chan en rampla de terra e costeros. O teito, alto o comenzares, vai baixando a medida que avanzamos. O río, que se sume nada maís entrar na cavidade, se esparce por esta zona cando ven crecido. Unha vez no pozo, a súa esquerda ábrese a Galería do Caracol mentras que ascendendo sobre a vertical do pocete daremos coa Galería Cimera.

Galería Cimera ou Galería Superior

Aínda que se pode acceder á parte superior dende varios puntos, o máis habitual é o “Paso das Termópilas” ou “Paso da Embarazada” polo acceso descrito no apartado de “Descripción somera”. Sorteando varios pozos que enlazan coa Galería do Caracol, Galería do Polvo e Galería dos Pozos, saímos pola dereita á Galería do Teito Prano ou Sa Torreblanca. Á esquerda daremos cun meandro que desemboca nun amplo corredor que asoma á Sa de Entrada.

A Sá do Teito Prano é grande e co teito cheo de pintadas i era onde se instalaban os campamentos subterráneos na visita á cavidade. Á esquerda da sa hai un pozo de dous metros que enlaza coa Galería do Polvo e a Galería dos Pozos.

A galería continúa cun ancho de dous metros e medio e unha altura de case que catro, rematando nunha sa maior que a anterior. O teito tamén é prano pero non así o chan, que obriga a rodeala por un lado. Ó final da sa hai grandes costeros e unha colada fai de peche pero deixando un estreito paso polo que hai que subir para continuar avanzando. Atoparemos un pocete duns 6 metros en cuoio fundo ahi un gran charco dauga con abundantes estalactitas. Tras rodear esta fondura, faremos un paso colgado á man esquerda entre formacións ata chegar por unha rampla a outra sa chea de formacións, en contraste coas sas precedentes. Hai dúas galerías posibles: unha, de teito baixo que sale á esquerda e que acaba rematando nun estreito laminador;e a outra, unha rampla que da paso a dúas galerías pequenas de presión. Unha delas remata no fundo dun pozo de 15 metros namentras que a outra nun meandro no fondo dun pozo de 10 metros algunhas formacións e coladas, onde remata a Galería Cimera.

Galería do Caracol ou Galería T.B.

Entrando pola Galería Principal, a man esquerda ábrese un pequeno burato medio tapado por costeros de mediano tamaño. A galería é un estreito meandro de menos dun metro de anchura que baixa rápidamente ata un pozo de 8 metros no cuio fundo podemos atopar auga procedente los regato de La Trapa que se sume na entrada pero que discurre por esta parte da cavidade en tempo de crecida. A galería baixa fortemente ata unha sa de mediano tamaño onde hai algúns ramais estreitos. Un paso estreito, horizontal e con charcos d’auga condúcenos a uns gours escalonados. A galería ensánchase ata rematar nun sumidoiro taponado de lama. Hai tamén abundantes restos orgánicos.

Galería do Polvo

Despóis de baixar un pozo de 2’5 metros onde fina a Galería de Entrada, atopamos á esquerda un destrepe que da paso a un estreito conducto que baixa en rampla. Hai un ensanchamento e despóis unhagalería moi seca que continúa por un tubo de presión ascendente que da á sa do teito alto. Ó través dun burato no teito comunica coa Galería dos Pozos.

Galería dos Pozos

Esta galería, además da Galería Cimera e do Río Bó, constitúe o eixe principal da cavidade. Está formada polos pozos que unen a parte superior fósil coa inferior activa. Partiremos dende o fundo do pozo do final da Galería de Entrada (2’5 m. destrepable), que é o punto onde se une coa Galería do Polvo mediante un pozo de 9 metros e coa Galería Cimera por medio de varios requiebros.

A continuación pola galería nos conduce ata un pozo de 5 metros instalado con dous spits.. A galería estréitase e continúa en rampla ata deixarnos na cabeceira doutro pozo de 3’5 instalado con outro spit. Os pasos estreitos atópanse na actualidade un pouco ensanchados polas desobstruccións levada ó cabo nun rescate no ano 1995.

Deseguido chegamos á cabeceira dun precioso pozo de 6’5 metros con restos de erosión activa no seu fundo. Á instalación pódese facer en natural cun reaseguro nun spit. Xa cedo chegaremos a un pozo de 11’5 metros con dúas posibilidades de instalación. A primeira que nos atopamos é por unha fiestra que da a un gour intermedio cun franccionamento. A segunda é virando á dereita e pódese instalar pola parte exterior do pozo. Ámbalas dúas son cómodas aínda que un pouco máis “aproveitada” cicais sexa a segunda, polo exterior do pozo, que tamén obriga a un fraccionamento intermedio pero se fai máis vertical a baixada. Outra tirada de 9 metros nos deixará no fundo da Galería dos Pozos.

Galería da Bandeira

Comunica a Sa dos Pozos coa Sa Fondera e ábrese a mitade deste último pozo de nove descrito anteriormente. Nada máis escomenzar á galería poderemos ver á bandeira colgada na parede. A galería é estreita, con curvas e nos conduce a un pozo de 10 metros que remata nunha sa de medianas dimensións que dá á Sa Fondera.

Sas Fonderas

Nacen no fundo do pozo de nove de onde partía a Galería da Bandeira. Unha vez chegarmos abaixo, deixaremos a man esquerda unha rampla que nos conduce a unha fonte. Tras un pequeno trepe a man dereita, a galería xirará á dereita ata dar a unha gran sa que denominaremos Sa Cimera. Nesta sa volveremos a atopar a auga do río La Trapa, que se sumía na entrada e que avanza un pouco por unha galería que se convertirá nunha gateira impracticable. Esta Sa Cimera dá paso a outra gran sa denominada Fondera e que se comunica coa rampla que deixabamos á nosa esquera ó chegarmos o fundo do pozo de nove. Esta parte da cova resulta laberíntica e chea que bloques.

Se retomamos o punto dende onde accedimos ata a Sa Cimera e a rodeamos pola esquerda, vermos un gran costero cun corte nítido que o divide en dúas partes tra-lo cal atoparemos a Galería do Brillo, que nos conduce ó curso de augas activo do río Bó.

Galería do Brillo

A galería descorre horizontalmente, ancha e co teito baixo que non permite avanzar de pe. O chan é de lama e as paredes tapizadas de coladas que brillan cando as alumeamos. Teremos que destrepar por unha fiestra aberta á dereita no chan da galería que da paso a un pozo-rampla de 7 metros que nos conduce directamente ó río.

Galería do Río Bó

A galería pola que descorre o río Bó se caracteriza pola súa simplicidade. Ten unha lonxitude dun kilómetro nun cauce único, sen ramis, e cun desnivel suave. Aparte dalgunha represa, avánzase cómodamente polo cauce por unha galería de 3 metros de ancha por 5 metros de alta.

A galería pode dividirse en dous tramos, río arriba ou río abaixo. Río arriba podemos avanzar uns 120 metros cómodamente pola galería ata achegarmos ó sifón final, que presenta restos de maderas procedentes da Cova do Bó.

Río abaixo a fisonomía cambia. Atopamos algunhas formacións entre as que destaca a Sa do Tetón, coa súa estalagmita xigante, e as terrazas laterais. Ó longo do curso de augas atoparemos un par de cascadas, unha de 1’5 e outra de 4 metros, ambas destrepables, aínda que a segunda pode precisar de corda se vai o río en carga. Despóis dela atopamos o único punto sifonable da cavidade. Se continuamos avanzando, a galería volverase meandriforme para ir acadando fondura ó chegarmos ó sifón final que foi buceado en 1997 sen chegar a ningures.

Ficha de instalación:

Algúns dos pozos están instalados con parabolt de resultas do rescate levado a cabo na cavidade. O resto están instalados con spits. Convén levar das dúas técnicas de instalación e levar chapas de parabolt xa que están instalados sen elas. Semella ser práctica habitual nas covas asturianas.

  • O primeiro pozo da cavidade, de 2,5 m. é destrepable
  • A continuación nos atoparemos co P5 no que instalaremos unha corda de 10 m.
  • O seguinte é un pocete de 3,5 m., algúns dicen que destrepable. Nós recomendamos instalar unha corda
  • O P6,5 pódese instalar nun spit ou nun parabolt reasegurado nunha columna estagmítica formando un pequeno pasamans. Para a instalación precisamos dunha corde de 10 m.
  • Para os pozos de 11,5 e P9 se pode levar unha única corda de 35 m. A instalación do primero se pode facer nada máis chegar ó pozo nun parabolt (precisa dun protector nos primeiros metros) ou ben se pode instalar ó final da galería nun brazo de rocha con reaseguro de un spit. A segunda opción permite coller o pozo na sua zona máis vertical e evitar unha repisa con un gour. Existe un spit na zona intermedia para evitar un pequeno roce.
  • A cabeceira do P9 ten varias opcións de instalación. Nos utilizamos os spits da man dereita e logo un protector para un pequeno roce.
  • Para o pozo-rampla de acceso o río será suficiente unha corda de 10 m. instalada en natural