Topo: Oxford University Cave Club. 1976. Rales.jpg
Situación cartográfica: Sigpac. Rales

Antecedentes

Rales e un sistema que se alimenta dun río soterrado que aflora dun sifón na parte máis alta da cavidade. O cauce principal discurre polo interior da montaña para ir dar o Manantial de la Aldea, a fonte que da auga o pobo do mesmo nome.

O través do regueiro pódense atopar varias entradas, ata catro bocas que levan ó cauce do río, algunha delas realmente impresionante: a primeira delas, Cueva de Samoreli e un pozo de quince metros nun meandro desfondado, que convértese nunha dolina a ceo aberto uns metros máis para adiante; a segunda delas, Pozo del Molino é a máis feitizadora de todas, con corenta metros de diámetro e outro tanto de profundidade baixar por él convértese nunha viaxe o tempo xurásico; a terceira entrada, Sen Nome é realmente pequena comparada coas súas irmáns, dende a comezo ata o fin é unha gatera con moita actitude; a última entrada, Cueva de la Fuentica, é a que da acceso o nivel inferior.

O desenrolo da cova lévanos dirección oeste-este, e na súa maioría é un curso activo practicable, agás nalgunha volta da cavidade no que o perdemos para volvelo atopar máis adiante.

A historia desta cavidade remóntase os anos setenta, nos que o Oxford University Cave Club traballou no macizo dando como resultado o Sistema de Rales.

Opostamente o que sería o adoitado á exploración dunha coba, comezar desde arriba, fíxeron o oposto: remontala pola boca coñecida como La Fuentica. Pois si, fíxérono con escadas, pertigas e demáis axudas para remontar as fervenzas que ivan atopando no seu laborioso camiño ata atopar un paso estreito que de cotío está tapado.

O pasmo que deberon levar o atopar as grandes salas que se agochaban tras o estreito meandro e mailas cascadas, penso, foi de espanto.

Cueva de la Fuentica

Para chegar ata á Cueva de la Fuentica debemos coller a estrada AS-115 (localidade de Llanes), que une Posada con Meré, e polo camiño atópase Rales, pobo que da nome o sistema de cavidades có mesmo nome. O entrar no pobo seguiremos a rúa principal deica toparnos coa igrexa, aquí podense deixar os coches para comezar a camiñar. Do outro lado da rúa atoparemos un camiño que comeza entre dúas casas e pronto tórnase nunha forte subida que sera máis suave conforme camiñamos; a senda divídese en dous, escollemos a dereita. Chegados o máis alto do camiño, comezaremos a baixar a un frondoso val onde se atopa un riacho que alimenta a cova.

Durante todo o camiño, a nosa dereita poderemos ver un monte rochoso, que está enriba da cova, ésta é unha boa referencia para non perdernos.

A entrada é ben sinxela de atopar, dadas as súas dimensións non deberíades ter ningún problema. A nosa idea ó chegar era facer a parte final do regueiro e chegar o máis preto posible o Manantial de la Aldea, pero tivemos que recuar despois das primeras galerías porque estaban anegadas. Demos voltas polo pequeno labirinto que forman as galerías preto da entrada e cambiamos de planes: remontar o río.

No primeiro tramo contra o correntío podemos avanzar cómodamente, unha cova ben bonita labrada polo auga, ata atopar os primeiros gours, dun tamaño considereble, que dan paso a pequenas pozas e trepadas nun zigzageante andar contra o correntío.

Toda esta galería chea de curvas, formacións e agua que pódense atravesar sin necesidade de neopreno pero dándose un pouquiño de xeito nos pasos para evitar o baño.

Cueva de Samoreli
Entrada superior do Sistema de Rales, ten preto o Pozo del Molino, cunha entrada verdadeiramente espectacular. Pódese dicir que ámbalas dúas bocas pertencen a mesma entrada, pois están comunicadas por unha galería ven pequena.

Se queremos atopar o nacemento do río soterrado, teremos que ir contra corrente dende calquera das bocas: por Samoreli precisamos baixar por corda un meandro desfondado de 15 metros que nos leva a unha sala, e por o Pozo del Molino poderemos acceder a dita sala mollándonos un pouco. Atopámonos, logo, nunha estancia anterior a Sala Principal de Samoreli pola que non vemos o río, pois o cauce vai por baixo noso, e non o atoparemos ata chegar a sala principal. Todo o que poida contarvos quédase curto se estamos na Sala de Samoreli, teredes que pasarvos por alí para enchervos de ese sentir no que as palabras están de máis, tan sensacional como o Pozo del Molino pero con teito. Para rematala visita a parte alta da cova haberá que mollarse de novo, coa auga o pescozo, se queremos chegar a surxengia. Na mesma sala temos unha trepada para chegar a unha galería superior que nos non fixemos por non ter a topo nese intre e pasounos por alto; a próxima vez non nos pasará.

A outra parte da cova, á que se accede baixando por o Pozo del Molino sen necesidade de aparellos de vertical, e unha das zonas máis grandes da cova; cunha galería que por momentos ten preto de vinte metros de ancho, seguímolo río durante cincuenta metros ata chegarmos a un meandro que se fai cada vez máis e máis pequeno ata quedar dun tamaño polo que a máis de un custaríalle atravesalo. Pero non pensedes en perder peso para podelo pasar, porque de tódalas maneiras non o conseguiredes, está pechado por un tronco ben firme que impedirá o voso avance polo meandro ata chegar os pozos que estáan tras o atasco. Teredes que vir remontando o río dende a Cueva de la Fuentica se queredes ver a totalidade do Sistema de Rales. Moi preto do Pozo del Molino atópase a Entrada sen Nome, que é un paso estreito tras outro ata chegar a ampla galería principal.

Se prestades atención a grande galería despoís do Pozo del Molino, veredes paos ben gordos chantados no máis alto. Son restos dunha crecida que aconteceu preto de 1982 no que a agua chegou a encher o Pozo. E probable que dende aquelo o paso estreito quedase todavía máis estreito. Tende coidado ahí fora.

Ficha Técnica:

Zona: Rales, Llanes (entre Posada y Meré)

Desenrolo: 2400m

Desnivel: -110m

Tipoloxía: Curso activo de augas

 

Recomendacións:

Necesidade de neopreno se queredes chegar a surxencia, e aparellos de vertical para entrar por Samoreli.

Dende o Pozo del Molino ata Samoreli notaredes un cheirume peculiar, pois usan a cova para desfacerse de animais mortos, ide con ollo.

A Entrada sen Nome é perfecta para todos aqueles amantes das gateiras e o baños de barro.