Topo: Canes.jpg
Situación cartográfica: Sigpac. Puertas
Como chegar
Dende Cangas de Onís tomamos a estrada As-114 en dirección a Arenas de Cabrales. Uns 6 km antes de chegar a este último tomaremos á esquerda nunha desviación deica o pobo de Puertas. Unha vez alí seguimos á esquerda por unha pista de cemento e sobrepasamos uns prados para encontrar, a mano dereita, un cartel de “no tirar basura”. Aquí deixaremos o coche para continuar a pe por un sendeiro que nos leva hata dúas grandes bocas. A segunda é a entrada principal dá cavidade.

 

Descripción da cavidade.

Outra entrada de película é a que nos agarda en Canes. Unha xigantesca dolina chea de vexetación ábrese antes nos, baixamos cómadamente e no máis alto ollamos como as árbores apremen arredor nosa, estamos a entrar nun curso de augas meandriforme que condúcenos o tráves de sesenta e dúas aturuxudas reviravoltas ata chegar a un sifón.

Deixando atrás a entrada, achegémonos por un galería ampla a unha sala a ceo aberto que é moi semellante a anterior dolina, un pouquiño máis adiante comeza a escuridade.

Estamos nunha gran sala cun riacho polo medio cunha tradición centenaria xa esquecida: a curación dos queixos; nunha salita a man esquerda quedan os restos dunha antiga adega onde os veciños do pobo curaban o queixo.

Seguímos o riacho que nos leva polas primeiras curvas deste sinuoso percorrido con moito cuidadiño de que os rapaces non se mollen. Cun teito alto e un ancho medio de dous metros a erosión da rocha deixase ver no desgaste das curvas que fai o río cando este vai en crecida. Curvas e máis curvas atopamos un destrepe decisivo… ¿mollámonos ou non?. Estábamos a piques de dar a volta cando atopamos un paso estreito que evita a fervenza, e alí vamos todos de miolos. Para non mollarmos temos que facer mil filigranas cos rapaces evitando o curso activo deica chegar a unha saliña co teito baixo no que ou te arrastras polo leito do riacho o das a volta; a segunda opción pareceunos o máis axeitado para evitarmos a molladura segura. Pero no camino de volta acabamos todos enchoupados pero cun bo sabor de boca.

Ficha Técnica:

Zona: Puerta, Cabrales

Desenrolo: 1100m

Tipoloxía: Meandro con curso activo de aguas.

Material: Non precisades máis que o equipo básico de espeleo, non ten verticais, pero si o riacho está crecido mollaredes ata o xeonllo.