espeleoclubaradelas@yahoo.es

A Espeleoloxía

Para poderes presentar ó Espeleo Club Aradelas debemos coñecer previamente qué é a Espeleoloxía e para elo resolvemos unha serie de cuestións que aparecen amiudo.

¿A espeleoloxía é un deporte?

A primeira dúbida que xurde é saber se estamos falando dun deporte, unha ciencia ou como en ocasións escoitamos unha carreira universitaria. Pois ben, a espeleoloxía é un deporte e como tal está regulado pola súa correspondente Federación que a súa vez depende directamente do Consejo Superior de Deportes.

O deporte da espeleoloxía ten unha forte compoñente científica especialmente polo aporte que supón a exploracion espeleolóxica para todas aquelas ciencias que estexan estreitamente ligadas ó mundo das cavernas como son a paleontoloxía, antropoloxía, xeoloxía, bioloxía, etc.

¿En qué consiste a espeleoloxía?

O principal obxectivo da espeleoloxía é a busca, exploración e estudio das cavidades. Que podémolas dividir en dous grandes grupos: As Covas, cavidades de desenrolo básicamente horizontal y as Simas, cavidades de desenrolo vertical formadas xeralmente por unha sucesión de pozos.

Os espeleólogos son os “derradeiros descubridores”, os auténticos exploradores do seculo XXI. Dende fai décadas sábese que ol Monte Everest cos seus 8.848m. é o teito da terra, que os 11.033m. da Fosa das Marianas é o punto máis fondo baixo o mar e que o sol atópase a una distancia de 149 millóns de kilómetros; pero cál é a cova máis extensa ou a sima máis profunda da terra segue a ser un misterio para a ciencia. Cada ano as exploracións dan novos e mellores resultados chegando a cotas de profundidade e desenrolo hata onte impensables.

Na era das telecomunicacións e a máis avanzada tecnoloxía non existe ningún aparato capaz de detectar as grandes cavernas ou as grandes simas da terra, este traballo é para o espeleólogo que inicialmente rastrea os terreos calcáreos na busca de bocas e grietas e posteriormente procede a súa exploración que en ocasións pódese prolongar durante anos. Incluso cando a cavidade se da por totalmente explorada pode aparecer un pequeno conducto ou unha corrente de aire que nos alerte de que a exploración aínda está viva e as posibilidades de continuidade intactas.

No momento da creación do Espeleo Club Aradelas, no 1985, a mítica Sima de a Piedra de San Martín (Pirineos, ESPAÑA-FRANCIA) cos seus -1.342m. ostentaba o récord mundial de profundidade en continua loita con a Réseau Jean-Bernard (FRANCIA). De aquí o récord pasou a Francia, México, Eslovenia, Georgia, Austria, etc. Hoxe dúas décadas despois, a Sima de a Piedra de San Martín quedou relegada ó posto 19 e incluso foi superada por outras 3 cavidades españolas. Namentres que o récord mundial de profundidade está na sima Krúbera-Voronya en Abkhazia (GEORGIA) onde unha expedición internacional na que participou noso colega e amigo, o español Sergio García-Dils, deu chegado en novembro de 2004 ó primeiro “-2.000” da tierra superando a cota de -2.080m. nunha exploración que aínda continúa aberta.

¿Son moi grandes as covas?

En España considéranse “Grandes Cavidades” todas aquelas covas que superan os 3.000m. de desenrolo ou os 300m. de profundidade.

Vexamos algunhas cifras:

A cova máis longa…

  • Do mundo: Mammoth Cave System en Kentuky (USA) con máis de 579km.
  • De España: Ojo Guareña (BURGOS) con 100 km.
  • De Galicia: Cova do Rei Cintolo en Mondoñedo (LUGO) con más de 6km.

La sima máis profunda…

  • Do mundo:Krúbera-Voronya en Abkhazia (GEORGIA),-2.080m.Casi 28 veces o Hospital Xeral de Vigo.
  • De España:Torca del Cerro (ASTURIAS), -1.589m.21 veces o Hospital Xeral de Vigo.
  • De Galicia:Sima Aradelas, en la Serra do Courel (LUGO) con -148m.2 veces o Hospital Xeral de Vigo.

Como podemos observar, en Galicia as covas son de dimensiones máis ben modestas; pero non por elo menos interesantes. Na actualidade estase traballando nalgunhas simas da Serra Encina da Lastra (OURENSE), onde se podería superar o récord galego de profundidade.

¿Qué é a Federación Galega de Espeleoloxia?

La F.G.E. é unha federación deportiva autonómica afiliada á Federación Española de Espeleología e polo tanto dependente do Consejo Superior de Deportes. En ela agrupanse tódolos clubes galegos que practican este deporte e dende ela coordínase e regúlase a actividade espeleolóxica galega.

Dende a súa creación en 1981, momento no que se apartaou da Federación Galega de Montañismo, a F.G.E. mantivo un numero de federados estable que vai dos 300 ós 400 espeleólogos.

A F.G.E. autorregúlase por unha Xunta Directiva e unha Asamblea electa na que sempre estivo representado o Espeleo Club Aradelas.

Actualmente en Galicia existen 17 clubs de espeleoloxía afiliados a la F.G.E.

Espeleo Club Aradelas (E.C.A). ¿quén somos?

Nos primeiros meses de 1985, espeleólogos pertencentes ás seccións de espeleoloxía dos clubes de montaña de Vigo teñen varias reunións cun único obxectivo común: a creación do primeriro clube deportivo vigués e da provincia dedicado exclusivamente á práctica de la espeleoloxía.

É así como en Xuño de ese mesmo ano nace o Espeleo Club Aradelas, que toma o seu nome dá sima máis fonda de Galicia, explorada poucos anos antes por varios dos socios fundadores.

Dende o momento da súa creación o E.C.A. apuntou uns obxectivos e compromisos que mantivo hata os nosos días.

Obxectivos

  • Ter un clube no que tódolos recursos humans e económicos reviertan única e exclusivamente na difusión e práctica da espeleoloxía.
  • Colaborar activamente na difusión da espeleoloxía coa organización de campañas de divulgación e cursos de “descubrimento”.
  • Colaborar directa ou indirectamente con institucións coma a Xunta de Galicia, Federación Galega de Espeleoloxía, Protección Civil ou o Concello de Vigo en temas relacionados co mundo espeleolóxico.
  • Realizar estudos e exploracións no territorio galego presentando os correspondientes resultados e memorias á Federación Galega de Espeleoloxia.
  • Velar pola conservación das cavidades e o seu entorno participando en campañas de limpeza e protección.
  • Facilitar a integración dos espeleólogos noveis, mellorar o nivel técnico dos nosos asociados e fomentar a relación entre socios, o E.C.A. organiza anualmente unha serie de actividades que podemos dividir en tres grupos.
  • Prácticas e Formación
  • Cursos de Iniciación e Perfeccionamento.
  • Xornadas de Prácticas en exteriores.
  • Proxeccións de Diapositivas.
  • Campamentos Sociais
  • Campamento Social de Espeleoloxía.
  • Campamento Social de Descenso de Canóns.
  • Xornadas de Prospección de Cavidades.
  • Campamentos Infantís
  • Entroido Espeleológico.
  • Campamento Infantil-Xuvenil de Verano.
  • Campamento Infantil-Xuvenil de Invierno.

Compromisos

O E.C.A. asumiu un triple compromiso:

Coa ciudade de Vigo.

  • Elaboración xunto con Montañeros Celtas da catalogación e topografía de tódalas cavidades do municipio vigués incluindo os famosos e misteriosos tuneis que se extienden baixo a ciudade. Entréganse os resultados no Concello e na F.G.E.

Con Galicia.

  • Solicítanse á F.G.E. varias “Zonas de Traballo” con excelentes resultados. Entréganse as correspondentes memorias na F.G.E.
  • Catalogación das cavidades marinas da provincia de Pontevedra. Publicado no número monográfico da revista Furada.
  • Descubrimento do maior río soterrado de Galicia (Cova Paleiro).
  • Descubrimento e topografía de importantes cavidades na serra do Caurel e Serra Encina da Lastra.
  • Colaboración coa F.G.E. na organización do VI Congreso Nacional de Espeleología e outros eventos.
  • Múltiples artigos para a revista Furada publicada pola F.G.E.
  • Diversos artigos e colaboracións para a revista Subterránea publicada pola Federación Española de Espeleología.

Có colectivo espeleolóxico.

  • Dende a súa creación o E.C.A. é membro da Asamblea da Federación Galega de Espeleoloxía, órgano soberano de este estamento.
  • Durante tres legislaturas deportivas a candidatura do E.C.A. foi respaldada a nivel nacional incorporándose por sufragio á Asamblea da Federación Española de Espeleología na que somentres oito clubes do Estado Español teñen representación. Tamén dous membros do E.C.A. releváronse nesta Asamblea sendo escollidos como representantes do estamento de deportistas.
  • Adquiriuse o compromiso unilateral oa F.G.E. para que tódolos anos o E.C.A. se encargue da organización dalgunha actividade do Calendario Oficial.
  • Por último, dende a creación do clube (año 1985) o E.C.A. aportou ós estamentos espeleolóxicos galegos e españois unha importante potencial humán:
  • Un Presidente da Federación Galega de Espeleoloxía
  • Dous Vicepresidentes da Federación Galega de Espeleoloxía
  • Un Vocal de Instalacións Deportivas da Federación Galega de Espeleoloxía
  • Un Director da Escuela Española de Espeleología
  • Un Xefe de Estudos da Escuela Española de Espeleología
  • Catro Monitores da Escuela Española de Espeleología
  • Un Coordinador do Grupo de Espeleosocorro Galego
  • Un Coordinador suplente do Grupo de Espeleosocorro Galego
  • Un Coordinador do catálogo de cavidades
  • Varios Espeleosocorristas
  • Un Vocal de Actividades da Federación Galega de Espeleoloxía
  • Un Delegado para Galicia da revista Subterránea publicada pola Federación Española de Espeleología
  • Un Membro do comité asesor de redacción da revista Subterránea

¿Cántos Somos?

Dende a súa fundación o E.C.A. mantivo un alto número de afiliados, neste momento somos 52 socios. Esta cantidade pode parecer pequena; pero non é así se se compara co resto de clubes de espeleoloxía tanto no ámbito autonómico como estatal.

Debemos destacar que nos dous últimos anos de vida o clube aumentou considerablemente o seu número de socios infantís, feito que nos convirte no primeriro e único clube galego que dispon de Sección Infantil hata a data de hoxe.

Actualmente o número de socios do E.C.A. representa o 10% dos federados en toda Galicia. Este potencial permitiunos realizar unha actividad espeleológica destacada e continuada que nos fixo merecedores de importantes galardóns.

Nosos Premios

-Mellor Clube Galego de Espeleoloxía, 1990. (Xunta de Galicia)*

-Mellor Clube Galego de Espeleoloxía, 1992. (Xunta de Galicia)

-Mellor Clube Galego de Espeleoloía, 1995. (Xunta de Galicia)

-Mellor Clube Galego de Espeleoloxía, 1998. (Xunta de Galicia)

-Mellor Clube Vigués de Espeleoloxía, 1998. (Concello de Vigo)

-Mellor Clube Galego de Espeleoloxía, 1999. (Xunta de Galicia)

-Mellor Clube Galego de Espeleoloxía, 2001. (Xunta de Galicia)

-Primeiro clasificado nó Ranking Nacional de Progresión vertical, modalidade infantil

-Primeira e segunda clasificada nó Ranking Nacional de Progresión vertical, modalidade infantil

*Temos que comentar que unha norma da F.G.E. vixente hata o ano 1999 non deixaba que una asociación fose “Mellor Clube Galego de Espeleoloxía” dous anos consecutivos para dar opción deste galardón a clubes máis modestos. Ainda que este criterio perxudicounos en varias ocasiones, o E.C.A. sempre respaldou esta medida solidaria da F.G.E.

¿Cómo nos financiamos?

A financiación do E.C.A. basase en dous pilares esenciais, as cuotas de socios e as subvencións.

  • As Cuotas de Socios

As cuotas son o eixo central da nosa economía pois son os únicos ingresos garantizados e predecibles con certa exactitude nos presupostos anuais do clube. Están destinados a cubrir as nosas necesidades básicas.

Como o noso principal obxectivo sempre foi a promoción e práctica da espeleoloxía e non aumentar o noso patrimonio, as cuotas sempre foron acordes ás necesidades de cada momento intentando gravar o menos posible ós nosos asociados. Esto permitiunos manter unha economía modesta pero totalmente saneada.

Cuota individual:

– Adulto: maior de 18 anos = 35 €

– Xuvenil A: entre 16 y 18 anos = 20 €

– Xuvenil B: entre 14 y 16 anos = 15 €

– Infantil: entre 0 y 14 anos = 10 €

  • As Subvencións

Nosa segunda fonte de ingresos son as subvenciones, que principalmente veñen da Xunta de Galicia (o través da F.G.E.), da Diputación Provincial e do Concello de Vigo. Este tipo de ingresos é de contía variable en cada tempada polo que se destina básicamente a aumentar a calidade dos servicios ofrecidos os nosos asociados. Unha pequena parte de esta partida tamén se destina como remanente para posibles imprevistos e evitar así descapitalizar o clube.

CUOTAS DE SOCIOS

Finalidade: Cubrir as necesidades básicas

– Mantemento do local social

– Gastos de hipoteca e comunidade

– Teléfono, electricidade, auga, etc.

– Material de oficina

– Mantemento da biblioteca

– Organización de actividades sociaies

– Elaboración de memorias de actividades

– Gastos de imprenta (dípticos, carteies…)

SUBVENCIÓNS

Finalidade: Mellorar os servicios ofrecidos
– Renovación do material colectivo(cordas, mosquetóns…)

– Mantemento dun arquivo fotográfico

– Preparación de actividades oficiaies da Federación Galega de Espeleoloxia

– Subvencións a socios: Inscripcións a cursos e asistencia a congresos

– Compra de material básico para cursos de iniciación(cascos, carbureiros…)

Nosa “LIGA”

Dende 2005 existe un calendario oficial de competición no que tódolos federados poden participar. Trátase dunha serie de Torneos que se celebran ó longo do ano onde os participantes entran a formar parte do Ranking Nacional de Progresión Vertical sumando os puntos dos diferentes campionatos nos que participaron; de aquí sae o mellor deportista da tempada, o que estea na posición máis alta da taboa de clasificación do Ranking é o que máis puntos fixo o longo da tempada.

Aparte de tódolos Torneos celebrados existe unha proba denominada “Campeonato de España de Progresión Vertical”, do que sae o Campión de España en cada unha das categorías participantes, estas son:

Infantís: de 10 a 13 anos.

Xuvenís: de 14 a 17 anos.

Maiores: de 18 anos en diante.

Veteráns A: de 35 anos en diante.

Veteráns B: de 45 anos en diante.

Principais Actividades Feitas

Para unha mellor comprensión das actividades realizadas por el E.C.A. imos desglosalas en dous grupos: Exploracións e Outras actividades (Asistencia a Congresos e colaboracións en Docencia).

  • Exploracións (Galicia, España y Extranxeiro)
  • Solicítase á F.G.E. varias “Zonas de Traballo” en Galicia con excelentes resultados. entréganse as correspondientes memorias na F.G.E.
  • Catalogación das cavidades marinas da provincia de Pontevedra.
  • Catalogación e topografía das cavidades e túneis do municipio de Vigo.
  • Descubriminto e topografía da Cova Paleiro. Maior río soterrado de Galicia.
  • Exploración e topografía da Sima Aradelas. A meirande profundidade de Galicia.
  • Descubrimento e topografía de importantes cavidades na serra do Caurel e Serra Encina da Lastra (Cova dos Cocidos, Sistema de Fonte da Cova, Cova da Encina, Sima Flash…)
  • Exploración das cavidades máis significativas de Galicia.

……….

  • Explóranse cavidades nos principais macizos calcáreos de España (Asturias, Santander, León, Palencia, Cuenca, Soria, Burgos, Almería, Navarra, Islas Baleares, etc.).
  • Exploración das principales cavidades volcánicas (tubos de lava) das Illas Canarias.
  • Exploración de numerosas “Grandes Cavidades” y “Travesías” de España.

……….

  • Múltiples exploraciónes no karst de Mira de Aire, Leiría (PORTUGAL).
  • Karst Triestino-Istrieno (ITALIA-YUGOSLAVIA), 1987.
  • Exploración da cova Hölloch (SUIZA), 1988. Segunda cavidade do mundo.
  • Cavidades da rexión de Budapest (HUNGRIA), 1989.
  • Expedición Brasil-90. Cavidades do municipio de Iporanga, (BRASIL). 1990.
  • Exploracións no Río Dulce y Santa Elena (GUATEMALA), 1995.
  • Filipinas-98. Cavidades del karst de Sagada. (FILIPINAS). 1998.
  • Islas Azores. Tubos de lava da Illa de Terceira (PORTUGAL), 2000.
  • Cavidades da Mesa de Jugurtha. Kalaat Senan (TUNEZ), 2001.
  • EspeleoVisayas-2002. Cavidades das illlas de Cebú y Bohol (FILIPINAS), 2002.
  • Outras Actividades: Asistencia a Congresos e Colaboracións en Docencia
  • Sete Clinics da Escuela Española de Espeleología. Organización do 1º e 3º.
  • Numerosos Congresos e Simposiums Nacionais de Espeleoloxía.
  • Congresos Internacionais de Espeleoloxía:

– Barcelona (ESPAÑA), 1986 – Budapest (HUNGRIA), 1989

– La Chaud des Fonds (SUIZA), 1997- Brasilia (BRASIL), 2001

  • Numerosas Xornadas Nacionaies de Espeleosocorro.
  • Simposiums Internacionaies de Espeleosocorro:

– Madrid-Cuenca (ESPAÑA), 1986 – Trieste (ITALIA), 1987

  • Reunión de Escolas Europeas de Espeleoloxía:

– Lieja (BELGICA), 1996- Madrid (ESPAÑA), 1998

  • Conferencia Europea de Espeleoloxía. Helecinne (BELGICA), 1992.
  • Docencia: Curso de Espeleoloxía en Pinar del Río (CUBA) en colaboración có C.S.D. e a Oficina de cooperación Hispanoamericana. 1993.
  • Docencia: Curso de Espeleoloxía en La Paz (BOLIVIA) en colaboración có C.S.D. e a Oficina de cooperación Hispanoamericana. 1994.

Publicacións

  • Dende 1997, columnas de “Noticias Federativas” y “Ultimas exploraciones” de Galicia na revista Subterránea publicada pola Federación Española de Espeleología. J. Diz.
  • La Sima Aradelas. Revista Furada Nº1, 1987. Pag. 11-13, L. Rojo.
  • “Furnas” do Litoral Pontevedrés. Revista Furada Nº2, 1988. Pag. 4-6, J. Diz.
  • Un torno lixeiro de corda. Revista Furada Nº2, 1988. Pag. 41-43, F. Martínez.
  • Furnas del Municipio de Cangas de Morrazo. Furada Nº3, 1989. Pag. 4-10, J. Diz.
  • Testemuña: Pedro Diaz, explorador del Cintolo en 1954. Revista Furada Nº3, 1989. Pag. 23-24, F. Martínez.
  • Variaciones sobre el uso del bloqueador de pie “Aphanice-Boulourd”. Revista Furada Nº3, 1989. Pag. 44-46, F. Martínez.
  • Expedición Gallega a Brasil. Revista Furada Nº4, 1990. Pag. 23-31, J. Diz.
  • Susi Alvarez: Algo más que una afición. Revista Furada Nº4, 1990. Pag. 36-37, M. Valderrábano.
  • Un modelo de evaluación para cursos de espeleología. Revista Furada Nº4, 1990. Pag. 38-41, F. Martínez.
  • Exploración de la Cova do Paleiro. Revista Furada Nº6, 1992. Pag. 4-6, B. Iglesias.
  • Estudio estadístico sobre la F.G.E. (1981-1992). Revista Furada Nº6, 1992. Pag. 19-22, J. Diz.
  • Breve descripción de la espeleología cubana. Revista Furada Nº7, 1993. Pag. 30-34, F. Martínez.
  • El “Buraco do Inferno” espectacular y legendario. Revista Furada Nº8, 1994. Pag. 9-13, J. Diz y R. Ríos.
  • Dous santiagueses, precursores da espeleoloxía en España. Revista Furada Nº8, 1994. Pag. 23-27, F. Martínez.
  • Entrevista a Antonio Fariña Riopedre. Furada Nº8, 1994. Pag. 30-33, F. Martínez.
  • Real decreto sobre las enseñanzas y títulos de los técnicos deportivos. Revista Subterránea Nº1, 1994. Pag. 53, F. Martínez.
  • Impresiones de Cuba a través de un curso de espeleosocorro. Revista Subterránea Nº1, 1994. Pag. 50-51, F. Martínez.
  • Panorama de la Escuela Española de Espeleología: Retos y posibilidades de futuro. Revista Subterránea Nº2, 1994. Pag. 60-61, F. Martínez.
  • Curso de Espeleología en Bolivia. Subterránea Nº3, 1995. Pag. 58-59, F. Martínez.
  • I Curso de Iniciadores Deportivos de Espeleología. IV Curso de Instructores Estatales de Espeleología. Subterránea Nº5, 1996. Pag. 58-59, F. Martínez.
  • II Curso de Iniciadores Deportivos de Espeleología. V Curso de Instructores Estatales de Espeleología. Subterránea Nº6, 1996. Pag. 57, F. Martínez.
  • IV Clinic de la Escuela Española de Espeleología. Revista Subterránea Nº7, 1997. Pag. 57, F. Martínez.
  • Ultimas Exploraciones. Galicia. Revista Subterránea Nº7, 1997. Pag. 9-10, J. Diz.
  • 12º Congreso Internacional de Espeleología. Revista Subterránea Nº8, 1997. Pag. 50-61, F. Martínez.
  • Ultimas Exploraciones. Galicia. Revista Subterránea Nº8, 1997. Pag. 14, J. Diz.
  • Ultimas Exploraciones. Galicia. Revista Subterránea Nº9, 1998. Pag. 9-10, J. Diz.
  • Ultimas Exploraciones. Revista Subterránea Nº10, 1998. Pag. 10-11, J. Diz.
  • X Reunión Internacional de docentes de espeleología. Revista Subterránea Nº10, 1998. Pag. 64, F. Martínez.
  • La Escuela Española de Espeleología. Furada Nº9, 1999. Pag. 16-19, F. Martínez.
  • Ultimas Exploraciones. Galicia. Revista Subterránea Nº11, 1999. Pag. 9, J. Diz.
  • Catálogo de Furnas do Litoral Pontevedrés. Monográfico Revista Furada Nº10, 2000, J. Diz y R. Ríos.
  • Ultimas Exploraciones. Revista Subterránea Nº14, 2000. Pag. 8, J. Diz.
  • Noticias Federativas. Galicia. Revista Subterránea Nº14, 2000. Pag. 65, J. Diz.
  • Actividades de la Escuela Española en el año 2000. Revista Subterránea Nº14, 2000. Pag. 66, F. Martínez.
  • Actividades de la Escuela Española en el año 2000 (continuación). Revista Subterránea Nº15, 2001. Pag. 48, F. Martínez.
  • Ultimas Exploraciones. Galicia. Revista Subterránea Nº15, 2001. Pag. 11, J. Diz.
  • Actividades de la Escuela Española de Espeleología en el año 2002. Revista Subterránea Nº18, 2002. Pag. 45-46, F. Martínez.
  • Relación bibliográfica para la enseñanza de la espeleología en España.Revista Furada Nº11, 2003. Pag. 15-18, F. Martínez y M. Díaz.
  • Bricolage: “Hágase su Luz”. Revista Furada Nº11, 2003. Pag. 45-47, B. Vila.
  • Ultimas Exploraciones. Revista Subterránea Nº19, 2003. Pag. 6-10, J. Diz.
  • Noticias Federativas. Galicia. Revista Subterránea Nº19, 2003. Pag. 43, J. Diz.
  • Ultimas Exploraciones. Revista Subterránea Nº20, 2003. Pag. 13-15, J. Diz.
  • Noticias Federativas. Galicia. Revista Subterránea Nº20, 2003. Pag. 48-49, J. Diz.
  • ¿Qué es y cómo funciona un sistema de navegación por satélite?. Revista Subterránea Nº21, 2004. Pag. 9-14, B. Bruna.
  • Ultimas Exploraciones. Revista Subterránea Nº21, 2004. Pag. 5, J. Diz.
  • Noticias Federativas. Galicia. Revista Subterránea Nº21, 2004. Pag. 51, J. Diz.
  • Fotoespeleo. Revista Subterránea Nº21, 2004. Pag. 46-47, M. Vila, B. Vila, J. Diz y B. Bruna.