Cueva del Lloviu -(Cueva de Peón)

Como chegar

No punto kilométrico 54,5 da estrada de Villaviciosa a Gijón (N-632) atopamos a Ponte Arroes que pasa por riba do río España onde tomaremos un desvío dirección Peón ()Comatrcal Vv-7). Despois dun kilómetro, tras unha serie de curvas e antes de chegares os pilares do viaducto, atopamos unha esplanada onde deixaremos o coche. Dende aquí baixaremos ó río e avanxaremos contracorrente ata atopar a boca da cova.

Descripción da cavidade.

Básicamente está feita por unha ampla galería inicial que se divide en dous ramais, ámbalos dous percorridos por cursos activos que nacen de sifóns e xúntanse para saires a luz do día. O percorrido e por auga na súa totalidade con augas pouco profundas que non precisa de aparellos de vertical.

Galería da Bruma

É a galería de entrada, percorrida polo cauce do río, o paso por ela é sinxelo. Continúa ata un punto no que o río ocupa toda a galería. Pasado este tramo, chegamos a un punto no que o auga cáseque chega o teito. Para superar este paso temos dúas opcións: metermos no auga ou buscar un paso pola parede da dereita que nos leva a un nivel superior. Este paso atópase cheo de barro e nos leva a unha zona de bloques que está uns metros por riba do cauce do río (temos varios camiños para baixar). Unha vez no río temos dúas opcións: continuar pola galería na que nos atopamos ou recuar un pouco ata atoparmos o outro río.

Rama dereita – Galería dos Remansos

Avanzando pola dereita chegamos a un punto onde o río é tan ancho como a galería, con neopreno non teremos problema, se non o levamos temos un paso horizontal complicado. Unha vez superado atoparemos unha zona de bloques no que o teito está baixo e as augas forman remansos. Seguindo pola galería chegamos ó sifón Sur.

Rama esquerda – Galería dos Turistas

Avanzando pola esquerda pasamos por unha zona de teito baixo con algúns bloques. Ó superalos a galería faise máis ampla e o cauce aparece ben marcada. A progresión pola galería obríganos a ir cambiando de nivel continuamente, pero o paso é evidente. Un grande derrumbe tapa cáseque por completo a galería. Unha vez superado chegamos á sala Circular. A continuación atoparemosun tramo de bloques. Neste tramo temos dous niveis superiores que forman parte da mesma galería, así que esquecedeos. Un pouco máis adiante atópase o sifón Norte. De aquí en diante somentes hay pequenos conductos preto do derrumbe final.

Comunicación entre as dúas Ramas

Na gelería dos Remansos, un pouco máis adiante dun viramento a esquerda, ábrese un paso na parede esquerda (camiño do sifón), ós poucos metros ábrese un paso que nos da acceso a un nivel superior. Esta galería ten forma de arco: á esquerda comunica cunha galería e remata ós poucos metros, á dereita únese coa mesma galería pero continúa. avanzando pola galería chegamos a un punto onde temos un bloque sobre un meandro. Un pouco máis arriba e á dereita ábrese un paso que nos leva a unha sala cun derrumbe. O paso de unión está na parte baixa do derrumbe, tendo que pasar por baixo. E un pouco difícil de atopar.

Ficha Técnica:

Coordenadas: X: 295005 – Y: 4.819,725 – Z:61 m.

Zona: Peón, Villaviciosa

Desenrolo: 1.841 m.

Desnivel: 26 m.

Auga: Si. Recoméndase levar neopreno.

Aparellos de vertical: Non é necesario.

Esta cavidade é Reserva Natural Percial.