Como chegar

Seguindo a estrada AS114 (Cangas de Onís – Arenas de Cabrales – Panes), a uns 4km de Panes atoparemos un desvio a man esquerda que en dirección norte levanos ata o pobo de Llonín, hai que pasalo desvío e coller o seguinte a esquerda que é o que nos leva máis preto da coba; é un camiño de terra que sube facendo curva. O chegares a altura dun regato que cruza a pista, poderemos deixar os coches nun abrigo natural a nosa esquerda, e uns metros máis adiante veremos un prado facendo escalóns. Hai que subir ata o máis alto, onde o afloramento tópase coa herba.

Descripción da cavidade.

A boca de entrada de esta cova non fai xustiza o que dentro dela poderemos atopar; unha diaclasa descendente ábrese no medio da rocha para continuar por un estreito e caótico meandro ata chegar a primeira sala. Cova activa onde o brillo das paredes e as formacións míranse en todo momento, Llonín sorpréndenos nada máis chegares con escéntricas, banderolas e macarróns moi ben feitiños nos que descargar as nosas cámaras. Pero no corrades tanto, reservalas para máis adiante que é onde paga a pena.

Trala primeira estancia poderemos seguir baixando ata unha sala non tan fermosa pero un pouco máis grande. Segundo baixamos a ela, seguiremos na mesma dirección para chegar a unha gateira que nos levará ata a base dunha trepada algo técnica e estreita. Habemos de seguir sempre para arriba ata toparnos unha sala intermedia cun grande bloque no medio e medio.

Seguide trepando, pois o máis impresionante aínda está por vir: unha sala na que poderedes atopar todo tipo de formacións, escentricas, macarróns, grandes columnas, coladas e cores, moitas cores, dende o branco ata o bermello. E xinxelo quedar prendado por toda esta beleza e perderte varias horas nunha inmesa sala na que vexas para onde vexas somentes atoparás beleza.

Despois de pechala boca e voltar a realidade, seguimos a nosa exploración por tódolos recunchos deste paraiso espeleolóxico e atopamos outra sala na que quedamos novamente abraiados: coladas xigantes e gours onde entran varias persoas móvense coa sombra dos nosos carbureiros. Ata arriba de todo subimos, e máis ala, esto é o ceo da espeleo; e namentres tratábamos de voltar a lucidez atopamos unha trepada nunha dificultosa rampa de area que se converte en gatera que nos levaría ata a salita máis feitizadora na que me atopara xamais. De pequenas dimensións, a sala ten o chan de area, as paredes e mailo teito da mesma están forrados dunha cristalización brillante que lembra a cova dos enanos, é como se tivese luz propia; realmente abraiante.

Recomendacións:

É obriga levar a cámara de fotos, se non o fas, terás remorsos pola beleza que ahí dentro se atopa.

Esta cova é ben sinxela, ainda que non debemos esquecer que ten algún paso complicado.

Non fan falla os aparellos de vertical.