Para facer o canón é preciso saber de antemán os horarios de apertura da presa.

En verán abre o sábado e mailo domingo as doce da mañá, para rematar antes das dúas da tarde; en inverno somentes abre o domingo, co mesmo horario de apertura das comportas. De tódolos xeitos se queredes pasar un bo día no canón deberedes avisar no edificio da central, rematado todo él en cristaleira, que se atopa na subida á presa. Alí vos dirán se podedes achegarvos o canón ou que hora e boa para facelo.

 

Como chegar.

A ruta para chegares ó Xallas é ir hata Noia e continuar pola carreteira da costa camiño de Fisterra, pasado Muros e antes de chegar a Cee atópase Pindo, que é o pobo anterior ó río Xallas. Cruzarémolo, e a nosa dereita atoparemos unha rúa que vai pola veira do río hata chegar a un recheo onde poderedes deixar os coches. Esta é a saída ó mar do canon.

Para chegares o inicio do descenso debemos subir co coche ata a presa, e deixala a nosa esquerda baixando por unha estrada de moitas curvas. Baixando, a man dereita atoparemos unha pista de terra pola que continuaremos ata dar cunha boca na rocha que ten unha porta de ferro (é unha obra feita pola mesma empresa que leva a p`resa). Alí poderemos deixar o coche, e baixaremos por un camiño que nos leva directamente o río.

O día que tíñamos encargado non resultou, pois durante a meirande parte do descenso tivemos choiva cun ceo cuberto que non deixou que probásemos os raios do sol, o que si nos acompañou durante todo o canon foi o vento frío que subía dende o mar; aínda menos mal que o auga non estaba fría demáis se non teriamos que ir saltando de rocha en rocha para non mollarnos, coma fixo Peque ata que no lle quedou máis opción que a de mergullarse e sentir na súa propia carne o estado das augas.

Material que precisamos.

Para facer o descenso somentes nos fai falla
Primeiro Rapel dúas cordas de 50 metros, máis outra da mesta lonxitude como reserva por si a precisamos usar en calquera momento.

Inicio do descenso.
O comezo non entraña dificultade algunha, pois son pozas ben bonitas de moito cor nas que non é preciso usar os aparellos; unha tras outra iremos sorteándoas ata chegar a un antigo encoro polo que poderemos destrepar e seguir baixando para facer un dos saltos máis altos, podéndose evitar pola beira esquerda do río. Neste punto tamén atopamos un sifon entre dúas pozas, de poucos metros de diámetro, polas que escorrenta o auga ata chegares a cabeceira de dito salto.

Seguindo polo cauce chégase a poza máis longa de todo o percorrido; non debería de chamarse poza, pois ten máis pinta de lago que outra cousa. O rematar de nadar damos á cabeceira do primeiro rapel, que se fai en dúas tiradas; a primeira ten arredor de trinta metros, e a segunda non chega os vinte.

Un pouquiño máis adiante temos o seguinte rapel, de quince metros, que poderemos chimpar sempre que teñamos profundidade, porque cando nos chegamos a poza non estaba moi chea e non saltamos. Seguimos por cantos rodados nunha parte do río bastante queda ata chegar a zona dos queixos, tremendo paisaxe todo cheo de buratos por onde andaremos con xeito para non esbarar e rematar no fondo de algún deles. Os queixos teñen o seu fin nun rapel ben bonito, con cascada nunha beira, que podemos chimpar ou facelo con aparellos, non chega os dez metros.

O rematar de nadar ésta derradeira poza topamos cunha serie de buratos entre os que poderemos facer un tobogán ben divertido e tamén temos varios saltos que están ó pe do derradeiro rapel. Instalado en dous tramos, temos ante nos ó már que se perde no horizonte e a cascada que cae no mesmo mar, ainda que nos baixamos por unha beira na que chegas a unha gran poza previa.

Para rematares sairemos nadando polo mar ata chegar ó edificio no que morren as feas tuberías que canalizan o auga da central.

Moi recomendable este descenso para todos aqueles que non o fixérades. Non ten moita dificultade, pero precisades soltura cos aparellos de vertical debido os grandes rápeles que ten. Polo demáis, somentes teredes que preocuparbos de pedir un día soleado para esta actividade.

Recomendacións:

Importante: avisar no edificio da Presa de que imos facer o descenso, sexa a hora e o día que sexa.

O horario de apertura das comportas e de 12:00 a 14:00. No verán abre sábados e domingos e no inverno sómentes o domigo.

Material de vertical: con dúas cordas de 50m chéganos, de tódolos xeitos deberiades levar convosco unha corda de reserva da mesma medida.